Neste mes de xullo O Rosal encharase por toda a vila de cine. A asociación Ghorghalado Cultura e Patrimonio organiza en colaboración co Concello a segunda edición das Xornadas de Cinema do Rosal, unha cita coa que se procura achegar ao público rosaleiro unha oferta cinematográfica difícil de atopar nos lugares habituais.
As xornadas serán do 28 ao 30 de xullo nos xardíns da casa rural, Abadía das Eiras. Nel haberá unha selección de curtametraxes e documentais que satisfarán aos espectadores e espectadoras máis esixentes e que como explica a alcaldesa, Ánxela Fernández, “se prioriza a calidade e a mensaxe sobre a novidade, tratando de combinar os contidos coa diversión”.
Como novidade, desta segunda edición é que se celebrará o 1º Certame de Vídeoclips Xuvenís. Ao inicio do primeiro día, o xoves 28, proxectarase unha selección dos traballos presentados e entregarase un diploma acreditativo ás súas autoras e autores. Tras os videoclips o público poderá desfrutar de cinco curtas e un documental: ‘Siempre a mano’, ‘Las muelas del cuco’, ‘Momentos’, ‘La inquilina’, ‘A última noite co Tonio’ e ‘Patrimonio habitado’.
O venres 29 será de novo a quenda das curtas, coa proxección das pezas ‘¿Viejos?’, ‘O que queda’, ‘Dúas opcións’, ‘Casa bonita’, ‘Mama’ e ‘Fantasmas’. A xornada rematará co documental galego ‘Afranio’, na que o actor Luis Tosar encarna a Afranio nunha peza baseada na obra autobiográfica do mesmo Alonso Ríos.
As xornadas rematarán o sábado 30 de xullo coa proxección de catro curtas seleccionadas (‘Fils Trencats’, ‘Cocodrilo’, ‘Casa bonita’ e ‘Lurna’) e do documental galego ‘Negro púrpura’, un retrato da Galicia do século XX a través dun fungo alucinóxeno que agroma nos cereais e que abre as portas a unha historia tan curiosa, sorprendente e descoñecida como importante no devir da cultura e na economía da época.
As proxeccións das xornadas son con entrada de balde e ao aire libre e serán a partir das 22:00 horas. Pódese atopar máis información na páxina web das xornadas.
Una ruta nocturna por las calles del conjunto histórico de Tui llega con misterio, sorpresas y muchos sustos
Los vecinos de Vigo se han encontrado estos días con una propuesta de ocio que amenaza con brillar más que las luces. de Navidad ¡Es esta!
Una exposición de calacús, túnel del terror para todas las edades y música para celebrar un terrorífico Samaín en Porriño
Llega el tiempo de comer cocido y A Cañiza ya pone fecha para disfrutar de este plato típico de la gastronomía gallega en estos ocho locales
La UVigo abre este sábado su programa de rutas culturales con una andaina por algunas de las playas más importantes del norte de Portugal
No Events
Puedes encontrarnos en nuestras redes sociales o, si lo prefieres, ponerte en contacto con nosotros a través de contacto@metropolitano.gal
Saber todo lo que ocurre en Vigo y su área metropolitana es ahora más sencillo, rápido y directo gracias al nuevo servicio de alertas de WhatsApp de Metropolitano.gal
© Hansei Media SL