Sempre é un bo momento para poñer rumbo a Moaña e descubrir as xoias naturais e patrimoniais que ofrece a vila morrancese. Esa procura volve a ser más sinxela grazas á unión entre o Concello e a Asociación A Illa dos Ratos, que de novo ofrecerán en verán o programa “Descubre Moaña”, un conxunto de once rutas guiadas de balde que permitirán visitar e afondar sobre todos os detalles dalgúns dos sitios máis emblemáticos da localidade da comarca das Rías Baixas.
Moaña atópase outro ano máis no foco deses lugares a visitar para empaparse de cada un dos seus recunchos. Domingo Villar foi o encargado de activar esa chispa, de destapar o tarro das esencias sobre o que agocha a vila morracense. Todo comezou tras a publicación de “O último barco” hai tres anos. Co pasamento do escritor vigués, todo un referente da novela negra, o interese por visitar os espazos onde se ambientou a última aventura de Leo Caldas aumenta, converténdose nun dos grandes reclamos deste programa de “Descubre Moaña” que ofrecerá esta ruta literaria o domingo 17 de xuño ás 10:30 horas e novamente o venres 26 de agosto, ás 20:00 horas, nunha versión xa nocturna.
Unha das particularidades que ofrece esta serie de once rutas guiadas de balde de “Descubre Moaña” no verán é que tres delas serán nocturnas. Ademais da xa mencionada ruta literaria de “O último barco”, o programa ofrece visitar a última hora da xornada as Canteiras do Litoral de Moaña (venres 22 ás 20:00) e a Moaña Mariñeira (5 de agosto ás 20:00 horas).
Pero a gran novidade desta nova edición de “Descubre Moaña” é a incorporación á serie de roteiros da Poza da Moura, en Domaio, un dos espazos más visitados nos últimos años na vila morracense debido a súa combinación de beleza, lendas, riqueza patrimonial e paraíso natural.
As persoas interesadas en participar en estas rutas guiadas gratuítas de “Descubre Moaña” deben inscribirse previamente escribindo ao WhatsApp do número 611 080 853.
A visita apenas nos obrigará a camiñar, xa que soamente percorreremos a contorna da igrexa. Os asistentes descubrirán a historia das casas e como apareceron aí e outros elementos propios dun dos barrios senlleiros do municipio.
Datas: 26 de xuño e 18 de setembro. Ás 10:30 horas.
O turismo literario ocupa un papel fundamental nesta nova proposta de “Descubre Moaña”. Non é para menos. “O último barco”, o terceiro libro de Domingo Villar, é un éxito a nivel galego e nacional. Xente de tódalas partes ten curiosidade por visitar os escenarios da última aventura de Leo Caldas. Neste caso, os guías de A Illa dos Ratos levarán aos participantes por lugares fundamentais na novela como a Igrexa de San Xoán de Tirán, o Mirador da Moma ou o Marusía, o restaurante que namorou a Leo Caldas.
Datas: 17 de xullo ás 10:30 e 26 de agosto ás 20:00 horas
O roteiro comezará dende o Parque do Souto das Camelias. Alí a Asociación de Mulleres Poza da Moura encárgase do coidado de máis de 100 variedades diferentes de camelias, que dende 2006 son as protagonistas da Exposición das Camelias que se organiza cada ano en Domaio. Continuaremos o noso camiño subindo á beira do Río da Freixa que coa súa vexetación constitúe bo un exemplo do que sería un bosque de ribeira. Atoparemos unha gran cantidade de muíños que agora están abandonados e miraremos ao pasado para recordar o seu importante papel no desenvolvemento económico, social e demográfico da zona. Voltaremos ao presente para reflexionar sobre o impacto da construción do Corredor do Morrazo actualmente convertido en Autovía, e da Urbanización Golf Domaio sobre esta fermosa ruta. Como premio ao esforzo chegaremos á mítica Poza da Moura de Domaio que se converteu nos últimos anos nun lugar moi visitado pola súa beleza, encanto e historia.
Datas: 9 de xullo e 21 de agosto ás 10:00 horas
Ao longo do percorrido os asistentes descubrirán a historia que agochan as antigas canteiras do litoral de Moaña e que foron a orixe do crecemento económico e social da vila. Co paso do tempo e o desmantelamento das canteiras, eses novos espazos serviron de ubicación para novas actividades empresariais relacionadas co mar, como no caso do estaleiro ASCON ou de Conservas A Guía.
Datas: 22 de xullo ás 20:00 horas e 31 de xullo ás 10:30
Ao longo deste percorrido polo litoral entre o Porto de Moaña e o Porto de Meira os asistentes coñecerán detalles dos inicios da pesca tradicional, a historia do Pósito de Moaña e a figura do seu impulsor ou algúns dos naufraxios máis importantes que afectaron ás familias de Moaña.
Datas: 5 de agosto ás 20:00 horas
Esta visita guiada, moi interactiva, está especialmente enfocada para toda a familia permitíndonos realizar un percorrido polas praias para coñecer a súa biodiversidade aproveitando para recoñecer bivalvos, crustáceos ou estrelas de mar.
Datas: 13 de agosto ás 10:30 horas
Este percorrido de catro quilómetros, que arranca na desembocadura do río no areal da Xunqueira, continuará para dar a coñecer a importancia dos ríos, do seu ecosistema e do uso dos muíños. De feito, este sendeiro conta con até unha trintena de muíños que noutra época eran de vital importancia na agricultura do Morrazo.
Datas: 4 de setembro ás 10:30 horas.
Galicia, que se prepara para disfrutar de una experiencia del mundo de Harry Potter, cuenta con dos tiendas especializadas en el mundo mágico
Una escapada al norte de Portugal realmente cerca de Vigo. Si buscas una excursión diferente, apúntate este curioso alojamiento
Galicia se impone a Gales, Eslovenia o Japón en este premio internacional. Este es el "road trip" que conquista el mundo entero
Si estás buscando escapadas en Galicia, apúntate este pazo que ha sido declarado BIC y ha logrado este año el Travellers' Choice de TripAdvisor
La UVigo abre este sábado su programa de rutas culturales con una andaina por algunas de las playas más importantes del norte de Portugal
No Events
Puedes encontrarnos en nuestras redes sociales o, si lo prefieres, ponerte en contacto con nosotros a través de contacto@metropolitano.gal
Saber todo lo que ocurre en Vigo y su área metropolitana es ahora más sencillo, rápido y directo gracias al nuevo servicio de alertas de WhatsApp de Metropolitano.gal
© Hansei Media SL