Ponteareas xa ole a Corpus. A vila prepárase para volver celebrar a súa festa grande con total normalidade, coas súas alfombras florais ao 100%, moita ilusión e unha ampla programación na que música, actividades e recendo a flores serán as grandes protagonistas.
“Despois de dous anos atípicos recuperamos o ambiente tradicional desta festa con máis de 165 anos de historia. Ilusiónanos que a festividade das semanas previas volva ás nosas rúas, gozar dos portais cheos de veciños e veciñas esfollando as flores e preparando todo o necesario para crear verdadeiras obra de arte efémero e da ledicia contaxiosa de traballar toda a noite para plasmar eses debuxos que sempre nos sorprenden e dos aromas que tantos sentimentos espertan en todas e todos nós”, destaca a alcaldesa, Cristina Fernández Davila. A rexedora convida a veciñanza e visitantes a experimentar a festa grande de Ponteareas dende os días previos.
A programación comezará esta mesma fin de semana con varias actividades relevantes. Así, o venres 10 de xuño terá lugar a tradicional presentación da revista Pregón ás 20.30 h na sala multiúsos do auditorio municipal amenizada pola música de Zeus Alfaya e Serghei Maximov. Xa o domingo 12 de xuño, tras a inauguración da exposición ‘Corpus en flor’, a musicóloga ponteareá Esther Sestelo Longueira lerá o pregón do Corpus Christi 2022. Será ás 13.00 h na sala multiúsos do auditorio municipal e contará coa actuación musical do grupo Mallou. Ese mesmo día comezará a animación musical nas rúas, que o domingo será a cargo do grupo folclórico da Casa Cultural de Areas, o luns 13 do grupo Senfol, o martes 14 de Os Muíños de Oliveira, o mércores 15 de Pedra da Garza, o xoves 16 do grupo folclórico San Salvador de Padróns e o venres 17 da agrupación folclórica Algazara. Todas as actuacións comezarán ás 20 h e percorrerán os distintos portais alfombristas.
A fin de semana grande da Festa de Interese Turístico Internacional arrancará o propio venres 17 co concerto da Banda de Música Reveriano Soutullo ás 21.30 h na Praza Fernández Vega. Será a antesala a dous días cheos de alfombras, traballos e moita ilusión. Na tarde do sábado 18 comezarán os traballos de confección das diferentes pezas de arte floral, que durante a noite estarán acompañados de animación musical en diferentes puntos da vila.
Xa o domingo 19 ás 10.30 h terá lugar a recepción de autoridades na Casa do Concello coa Agrupación Musical Nosa Sra. do Carme, que ás 12.30 horas acompañará a tradicional procesión do Corpus Christi. Pola tarde a música, a ledicia e a cor volverán encher as rúas dende as 19.00 h co tradicional desfile de carrozas e a batalla de flores. A música regresará ás 21.30 h co concerto de Leilía na Praza Bugallal, e a xornada rematará coa verbena a cargo da orquestra Saudade, dende as 23 h na Praza Maior.
O luns 20, festivo local, a festa comezará ás 12.00 co tobogán acuático xigante na rúa Braña, do que se poderá gozar ata as 20.00 horas. Ás 17.00 horas haberá animación infantil no centro urbano e ás 20.00 horas celebrarase a ofrenda floral diante do Monumento ao alfombrismo en memoria das e dos ponteareáns que tanto se implicaron na celebración da festa grande de Ponteareas. A entrega de medallas do Corpus no parque da Feira Vella ás 21.00 h, a animación musical no centro urbano e a verbena a cargo da orquestra Tango ás 22.30 h na Praza Maior porán o broche de ouro a unha celebración que converterá un ano máis a Ponteareas en referente mundial da arte floral efémera.
Una ruta nocturna por las calles del conjunto histórico de Tui llega con misterio, sorpresas y muchos sustos
Los vecinos de Vigo se han encontrado estos días con una propuesta de ocio que amenaza con brillar más que las luces. de Navidad ¡Es esta!
Una exposición de calacús, túnel del terror para todas las edades y música para celebrar un terrorífico Samaín en Porriño
Llega el tiempo de comer cocido y A Cañiza ya pone fecha para disfrutar de este plato típico de la gastronomía gallega en estos ocho locales
La UVigo abre este sábado su programa de rutas culturales con una andaina por algunas de las playas más importantes del norte de Portugal
No Events
Puedes encontrarnos en nuestras redes sociales o, si lo prefieres, ponerte en contacto con nosotros a través de contacto@metropolitano.gal
Saber todo lo que ocurre en Vigo y su área metropolitana es ahora más sencillo, rápido y directo gracias al nuevo servicio de alertas de WhatsApp de Metropolitano.gal
© Hansei Media SL