Baixo o título Alén do Miño, a Universidade de Vigo lanza este curso un novo programa de axudas para a realización de prácticas académicas, curriculares ou extracurriculares, en empresas ou institucións con sede en Portugal. Posto en marcha desde a Área de Emprego e Emprendemento coa colaboración do Eures Transfronteirizo Galicia Norte de Portugal, a presentación deste novo programa de bolsas realizouse nun acto en liña no que a directora da Área de Emprego e Emprendemento, Maruxa Álvarez, e a responsable do Eures, Teresa Ventín, atenderon as dúbidas do alumnado e das empresas interesadas en coñecer os detalles do novo programa.
Participaron na presentación máis dun cento de persoas, entre alumnado, as e os coordinadores dos distintos centros e representantes das empresas. “Para nós é unha grande alegría sacar un novo programa e ver que esperta tanta expectación”, salientou Álvarez, quen indicou que esta “boa acollida” do novo programa de prácticas é indicativo de que “os estudantes teñen ganas de facer prácticas, de aprender, e ademais, atrévense a facelo ao outro lado do Miño, para seguir preparando alí o seu futuro laboral”.
“Trátase dun programa aberto de apoio á mobilidade transfronteiriza”, explicou Álvarez, ao que engadiu que estas prácticas réxense pola normativa de prácticas da propia Universidade de Vigo. Pola súa banda, Teresa Ventín, directora de Eures Transfronteiro, foi a encargada de explicar os detalles do programa e as posibilidades que teñen as alumnas e alumnos ao seu dispor para buscar emprego no país veciño. “Pensamos que estas prácticas son unha forma excelente de empezar a coñecer o mercado de traballo da Eurorrexión”, explicou Ventín, quen tamén fixo fincapé en que, de cara ás empresas ou asociacións, o programa ábrelles un espazo de encontro cos estudantes que se están a formar na Universidade de Vigo.
Convócanse un total de cinco axudas para a realización de prácticas académicas externas con carácter transfronteirizo, unha por cada rama de coñecemento: ciencias sociais e xurídicas, arte e humanidades, ciencias, ciencias da saúde e enxeñaría.
O programa desenvolverase en dúas fases, unha primeira fase de formación, de dez horas de duración e que se vai impartir nas propias instalacións da UVigo, consistirá nun obradoiro en competencias interculturais no que se achegará aos participantes a diferentes contidos relacionados coa cultura portuguesa e co feito de traballar e formarse en Europa. A segunda fase refírese xa á realización das prácticas académicas externas nalgunha entidade portuguesa.
Será o propio estudante o que propoña a entidade na que lle gustaría facer as prácticas (empresa, asociación, organización, asociación, ONG...) e, unha vez outorgada a axuda, as persoas beneficiarias estarán baixo a titoría das persoas da Universidade e da empresa que se designen no momento de formalización da práctica, seguindo a normativa propia da Universidade de Vigo en materia de prácticas externas.
O período de prácticas terá unha duración máxima de dous meses e poderá desenvolverse entre o 1 de xullo e o 31 de agosto. Cada persoa beneficiaria recibirá unha axuda mensual de 600 euros mensuais (cantidade suxeita á retención do IRPF e ás obrigas de cotización á Seguridade Social.
As persoas interesadas en solicitar unha destas axudas teñen de prazo para facelo ata o vindeiro 14 de xuño. Cada solicitude debe ir acompañada dunha carta de pre-aceptación da empresa/institución na que se inclúa o programa das prácticas (vencellado coas competencias da titulación universitaria cursada) e as datas previstas da estadía.
La UVigo abre este sábado su programa de rutas culturales con una andaina por algunas de las playas más importantes del norte de Portugal
No Events
Puedes encontrarnos en nuestras redes sociales o, si lo prefieres, ponerte en contacto con nosotros a través de contacto@metropolitano.gal
Saber todo lo que ocurre en Vigo y su área metropolitana es ahora más sencillo, rápido y directo gracias al nuevo servicio de alertas de WhatsApp de Metropolitano.gal
© Hansei Media SL