O Festival de Cans baixou o pano este sábado coa Gala de entrega dos Premios da súa XIX edición. Rompente, de Eloy Domínguez, en ficción, Tatuado nos ollos levamos o pouso, de Diana Toucedo, en Furacáns e As pétalas murmuran, de Arantxa Ramos, en Novas Camadas, fixéronse co Premio do Xurado á Mellor Curtametraxe.
O realizador do Salnés, Eloy Domínguez, que o ano pasado levantou o can de pedra por Os Corpos na sección Furacáns, de curtas de non ficción, triunfou este ano na de Ficción con Rompente. O xurado destacou a capacidade de enunciar unha realidade desde a limpeza da mirada desta obra, que vén de recibir tamén o premio á mellor curta no Festival de Málaga. Rodada en diferentes localizacións da Costa da Morte, a película relata a historia dunha parella adolescente cun bebé, que loita por saír adiante. Protagonizada por dous mozos da zona non profesionais da interpretación, Sergio Valeirón igual que o seu personaxe na ficción tamén é bateeiro.
Diana Toucedo, galega residente en Barcelona e directora da premiada longametraxe Trinta Lumes, conseguiu o premio para a súa curtametraxe Tatuado nos ollos levamos o Pouso. Esta curta, que retrata o traballo das mariscadoras de Cesantes, á beira da illa de San Simón, foi valorada "pola cadencia das imaxes e o ritmo que imprime o deseño sonoro, aportando unha visión singular e poética sobre o traballo das mariscadoras".
As pétalas murmuran foi a curta vencedora na sección Novas Camadas, de realizadores e realizadoras que realizan a súa primeira obra e teñen menos de 25 anos. A súa directora, Arantxa Ramos, fixo este documental como un traballo de fin de grado da facultade de Comunicación da USC. O xurado salientou del a súa aproximación á memoria e o tratamento dos procesos migratorios.
Pola súa capacidade para estruturar unha proposta orixinal desde a converxencia de dúas miradas creativas, o xurado outorgou o premio á Mellor Dirección a Lois Patiño e Matías Piñeiro por Sycorax.
O recoñecido actor de Vigo, Santi Prego, fíxose co galardón ao Mellor Actor "pola riqueza e variedade de rexistros que van da comedia ao drama", en Devoradora de nenos. O da Mellor Actriz recaeu en Violeta Gil, Andrea na curta de Ángel Santos Así vendrá la noche. O xurado destacou a súa capacidade para dar solidez e soster a película a partir do monólogo.
Outros dos premiados desta noite foron a BSO de Sauerdogs, composta pola gañadora dun Goya Zeltia Montes. A Mellor Fotografía recaeu en Mauro Herce, por Sycorax e o Mellor Guión levouno o realizador de Marín Ángel Santos pola "valentía e delicadeza da súa actualización do xénero epistolar".
Reivindican a "excelsa calidade" da obra de Ledicia Costas, "unha das máis lidas e premiadas do panorama literario galego
Josefa, que actuó con artistas como Manu Chao, Cristina Pato o Susana Seivane, fue una de las líderes del movimiento musical y cultural 'Bravú
Concibió a su hija como un proyecto para crear a la mujer del futuro, Hildegart, quien fue niña prodigio de la República
La cita busca consagrase como el mayor festival de cine de Vigo y uno de los pocos eventos dedicados al séptimo arte que existen en la ciudad
La UVigo abre este sábado su programa de rutas culturales con una andaina por algunas de las playas más importantes del norte de Portugal
No Events
Puedes encontrarnos en nuestras redes sociales o, si lo prefieres, ponerte en contacto con nosotros a través de contacto@metropolitano.gal
Saber todo lo que ocurre en Vigo y su área metropolitana es ahora más sencillo, rápido y directo gracias al nuevo servicio de alertas de WhatsApp de Metropolitano.gal
© Hansei Media SL