O festival Sinsal activará a semana que vén a venda de abonos para a súa nova edición, que se celebrará os días 22, 23 e 24 de xullo na illa de San Simón. A cita musical, impulsada por Sinsalaudio, recupera logo de dúas edicións os abonos para o público, o que permitirá gozar de tres xornadas de directos con propostas musicais contemporáneas e diversas, en canto a estilo e orixe das bandas; ademais do contacto coa natureza e dunha viaxe en barco de ida e volta desde o litoral até a illa redondelá, situada no corazón das Rías Baixas.
Un dos principais atractivos desta edición será que, por segundo ano consecutivo, a programación secreta de cada xornada será completamente diferente a do día anterior, de xeito que cada día actuarán artistas diferentes, dos que un 90% tocarán por vez primeira en Galicia. Outro dos alicientes deste ano é que Sinsal SON Estrella Galicia retomará o seu horario habitual, de xeito que, mentres que a xornada do vernes será de tarde, tanto o sábado coma o domingo o festival desenvolverase ao longo de toda a xornada, desde pola mañá até o luscofusco.
O día 26 de maio, a partir das 11:00 horas, o público poderá adquirir os seus abonos de tres días a través da plataforma web www.enterticket.es, na que poderá seleccionar o seu abono en función do embarcadoiro desde o que desexe viaxar a San Simón: como é habitual, estarán situados no porto de Vigo e Meirande (xunto ao Centro de Interpretación de Rande). Aquelas persoas que decidan partir desde a cidade olívica gozarán dunha viaxe máis longa en barco, unha estancia de maior tempo na illa e, ademais, dunha bóla extra: cada xornada poderán desfrutar dun concerto máis ao desembarcar en San Simón.
Alén do punto de embarque, os prezos dos abonos variarán en función da idade do público (maior ou menor de 16 anos). Por unha banda, no caso das persoas adultas, os abonos de Vigo terán un prezo inicial reducido de 119 euros, mentres que no caso de Meirande o prezo de partida será 105 euros. Pola outra, o prezo deste tipo de entrada para as e os menores de 16 anos, ou que teñan esa idade no momento de celebración do festival, será de 45 euros (Vigo) ou 40 euros (Meirande). Como novidade, este ano Sinsal incorpora a posibilidade, grazas á colaboración que a Asociación de Festivais de Galicia mantén coa Xunta de Galicia, de que as persoas usuarias do Carné Xove poidan optar a un desconto do 15% sobre o prezo inicial á hora de adquirir os abonos, que se realizará sobre as primeiras 100 compras.
A organización recorda que o número de abonos, como é habitual, é limitado e convida ao público a non quedar sen a oportunidade de descubrir as músicas locais, nacionais e internacionais que se agochan este ano baixo o seu cartel.
De cara á semana seguinte, o luns 30 de maio, sairán á venda as entradas de día. Todas aquelas persoas interesadas nesta modalidade de entradas, que inclúen tamén o traslado á illa desde Meirande ou Vigo, poderán adquirilas a partir das 11.00 horas a través da plataforma www.enterticket.com.
Ao igual que no caso dos abonos, o prezo dos billetes variará en función da idade (persoas maiores ou menores de 16 anos) e do embarcadoiro no que se tome o barco. Ademais, as entradas do venres 22 serán máis reducidas (40 euros desde Vigo ou 35 euros desde Meirande, sendo a entrada de menores de 12 euros nos dous casos) ao desenvolverse en horario de tarde, mentres que as entradas do sábado 23 e do domingo 24 permitirán gozar dunha xornada completa de estancia en San Simón: desde pola mañá até a noite. Así, estas últimas serán de 50 euros cada día se o barco sae de Vigo (18 euros no caso de menores) e 45 euros se se toma desde Meirande (15 euros para menores). Todos os horarios de barcos e prezos están dispoñibles na web do festival.
Una ruta nocturna por las calles del conjunto histórico de Tui llega con misterio, sorpresas y muchos sustos
Los vecinos de Vigo se han encontrado estos días con una propuesta de ocio que amenaza con brillar más que las luces. de Navidad ¡Es esta!
Una exposición de calacús, túnel del terror para todas las edades y música para celebrar un terrorífico Samaín en Porriño
Llega el tiempo de comer cocido y A Cañiza ya pone fecha para disfrutar de este plato típico de la gastronomía gallega en estos ocho locales
La UVigo abre este sábado su programa de rutas culturales con una andaina por algunas de las playas más importantes del norte de Portugal
Puedes encontrarnos en nuestras redes sociales o, si lo prefieres, ponerte en contacto con nosotros a través de contacto@metropolitano.gal
Saber todo lo que ocurre en Vigo y su área metropolitana es ahora más sencillo, rápido y directo gracias al nuevo servicio de alertas de WhatsApp de Metropolitano.gal
© Hansei Media SL