Literatura e artesanía tomarán esta ponte festiva as rúas e prazas de Tui con dobre celebración. Dende este sábado e até o martes a rúa Ordóñez, e as prazas do Concello e San Fernando acollerán a XXIV Feira de Artesanía. O martes no Paseo da Corredoira celébrase a XXIII Feira do Libro Galego.
A XXIV Feira de Artesanía vaise celebrar dende este sábado 14 de maio e até o martes 17 na rúa Ordóñez e nas prazas do Concello e San Fernando. Serán unha trintena de persoas artesáns de toda Galicia as que participarán durante catro días nesta iniciativa realizada en colaboración coa Asociación de Artesáns de Galicia.
Nos diferentes postos poderemos atopar xoiería, carpintería, marroquinería, ourivaría, cestería, encaixe, instrumentos musicais, xoguetes, complementos de moda…. A artesanía local estará presente nos postos de catro persoas artesáns de Tui, ás que se sumarán a Asociación de Palilleiras do Baixo Miño que estará palillando na rúa Ordóñez.
Cómpre destacar que na praza do Concello, en colaboración coa Fundación Artesanía de Galicia, haberá sete obradoiros e demostracións de oficios durante a feira.
Amais Cucapuntoes realizará obradoiros de ganchillo nos que os participantes poderán elaborar unha funda de móbil, un bolso de rede, ou marcapáxinas de bolboreta. É recomendable inscribirse previamente en salomefmoldes@gmail.com, xa que as prazas son limitadas.
Non faltarán tampouco as actividades de animación co grupo Seixos Albos de Areas (sábado ás 12:30 horas), O Mosteiro de Pexegueiro (sábado ás 19:00 horas), Santa Columba de Ribadelouro (domingo ás 12:30 horas), A Insua de Caldelas (domingo ás 19:00 horas) e as pandereteiras da Asociación Cultural San Telmo (martes ás 19:30 horas). A gastronomía estará presente nestes días cun posto de cervexa artesá con Menduíña (sábado), Meiga (domingo) e Trisk-Ale (luns e martes), e coa empanadillas artesás de Vionkas Bake.
O martes, 17 de maio, Día das Letras Galegas, celebrarase unha nova edición da Feira do Libro Galego coa participación das librarías locais Iris e Espazo Lector Nobel. Nos andeis dos seus postos estarán presentes os libros do homenaxeado deste ano Florencio Delgado Gurriarán, xunto a grandes clásicos das nosas letras e novos e novas autoras. Na ofertan que presentarán ambos establecementos haberá títulos para todos os públicos e idades, cun amplo abano de xéneros, dende poesía, a novela, viaxes, ou cociña cun 10% de desconto.
A escritora Sonia Mirón, autora de “Si tu quieres” o “Mi corazón en una caja de Zapatos” será a encargada de dar lectura ao pregón da feira o martes ás 11:30 horas, asinando a continuación exemplares dos seus libros. Ás 12:30 horas a actriz, narradora e directora teatral Bea Campos achegará o público o contacontos “Os tres porquiños”. Xunto a Manuel Campos presentará este espectáculo no que se mestura teatro, xogos tradicionais e música en directo. Pola tarde, ás 18:30 horas, será a quenda de Magín Blanco co seu espectáculo “Caderno de cores e cancións”, no que xunto ao músico Pablo Vidal, realizará un percorrido pola creación musical e literaria das cancións dende os trobadores.
Por último ás 21:00 horas a Banda de Música Popular de Tui, a Banda de Gaitas Lembranzas da Terra de Guillarei e o Grupo de Baile Lembranzas da Terra ofreceran un concerto especial e inédito no que participarán un centenar de persoas destas agrupacións, que se unen por primeira vez nun proxecto. O director da Banda de Música Popular de Tui, Eloy Carrera explicaba que durante algo máis dunha hora interpretarán “música de compositores galegos, e música galega, sobre todo música tradicional”.
Do sábado 14 ao martes 17 na rúa Ordóñez e nas prazas do Concello e de San Fernando
Martes, 17 de maio, no Paseo da Corredoira. Participan as librarías Espazo Lector Nobel e Iris
Una ruta nocturna por las calles del conjunto histórico de Tui llega con misterio, sorpresas y muchos sustos
Los vecinos de Vigo se han encontrado estos días con una propuesta de ocio que amenaza con brillar más que las luces. de Navidad ¡Es esta!
Una exposición de calacús, túnel del terror para todas las edades y música para celebrar un terrorífico Samaín en Porriño
Llega el tiempo de comer cocido y A Cañiza ya pone fecha para disfrutar de este plato típico de la gastronomía gallega en estos ocho locales
La UVigo abre este sábado su programa de rutas culturales con una andaina por algunas de las playas más importantes del norte de Portugal
No Events
Puedes encontrarnos en nuestras redes sociales o, si lo prefieres, ponerte en contacto con nosotros a través de contacto@metropolitano.gal
Saber todo lo que ocurre en Vigo y su área metropolitana es ahora más sencillo, rápido y directo gracias al nuevo servicio de alertas de WhatsApp de Metropolitano.gal
© Hansei Media SL