A sexta edición da “Challenge Rías Baixas” reunirá esta fin de semana a 200 ciclistas para disputar as súas tres etapas. A proba, organizada polo club ciclista “Master da Louriña”, presentouse esta mañá na praza Arquitecto Antonio Palacios, nun acto no que participaron o alcalde do Porriño, Alejandro Lorenzo, o concelleiro de Deportes, Abel Estévez, e os seus homólogos de Ponteareas e Mos, Miguel Bouzó e José Ares. Á presentación tamén asistiu o presidente do club organizador, Juan José Álvarez Cerdeira, o presidente da Federación Galega de Ciclismo, Juan Carlos Muñiz, o director deportivo da Federación, Jacobo Ucha e Rafael Pérez, de LASAL, empresa patrocinadora do evento.
Juan José Álvarez, presidente do club apuntou que a carreira será “un espectáculo asegurado” e adiantou algunhas novidades desta edición entre as que destaca a “volta dos xuvenís, que unha vez aliviadas as restricións poden competir. Ademais inclúese a categoría feminina e as tres etapas disputaranse con chip”. Álvarez reivindicou que hai dous anos o gañador da Challenge fora Jaime Romero “quen pouco despois fichou como profesional no Caja Rural”.
O concelleiro de Deportes de Ponteareas salientou que “a proba non é só deporte, é moito máis” e destacou que é “reto organizativo para eles, pero tamén unha seguridade de afluencia e visualización da contorna para os nosos concellos”.
Pola súa banda, o edil mosense apuntou que se trata dunha proba “máis que consolidada” que é “froito dun traballo meticuloso, polo que ten que sair ben si ou si”. Ares destacou que no seu municipio a carreira terá saída en meta nun emblemático lugar, o Pazo de Mos.
O concelleiro de Deportes do Porriño, Abel Estévez agradeceu enormemente “o traballo do Máster da Louriña”, un club “que demostra que cando as cousas se fan con mimo e detalle son un éxito asegurado e por iso o o selo Máster da Louriña é selo de excelencia”. Estévez reiterou o apoio do Concello ao club, mostra do cal é o primeiro convenio que vén de asinarse entre ambas entidades.
Tamén falou o presidente da Federación que insistiu en que a se trata dun “evento importantísimo a todos os niveis” e que, ademais, falar do “Porriño, Ponteareas e Mos é falar de ciclismo, un triángulo que asegura unha festa neste deporte”.
Rafael Pérez, o seu “orgullo de poder como patrocinado devolver a este deporte que leva o nome do Porriño máis aló das nosas fronteiras todas esas alegrías que nos da” e enfatizou que “sen os soñadores de banda ancha como Juan, sería moi difícil que proxectos desta magnitude chegaran a bo porto”.
Rematou o acto de presentación o alcalde, Alejandro Lorenzo, que animou a todo o mundo a “vir coñecer e disfrutar deste evento que é ademais unha oportunidade excelente de coñecer a nosa riqueza paisaxística e cultural”. O rexedor quixo felicitar ao club organizador “o seu inmenso traballo a favor do ciclismo e do deporte porriñés” e reiterou o “apoio incondicional do Concello”.
Las aportaciones del Plan Extraordinario de Infraestructuras Deportivas se otorgarán en régimen de concurrencia no competitiva
El equipo vigués recibe al otro coloso de la Liga, el FC Barcelona, el sábado 23 de noviembre a las 21:00 horas
El Celta "pica" al Real Madrid con el único título europeo que jamás puede tener, un trofeo que expondrá este sábado en Balaídos
El Celta "apuntala" su proyecto con la renovación de Claudio Giráldez hasta junio de 2027 y lo anuncia con este vídeo
La UVigo abre este sábado su programa de rutas culturales con una andaina por algunas de las playas más importantes del norte de Portugal
No Events
Puedes encontrarnos en nuestras redes sociales o, si lo prefieres, ponerte en contacto con nosotros a través de contacto@metropolitano.gal
Saber todo lo que ocurre en Vigo y su área metropolitana es ahora más sencillo, rápido y directo gracias al nuevo servicio de alertas de WhatsApp de Metropolitano.gal
© Hansei Media SL