A líder dos nacionalistas galegos, Ana Pontón, asegurou que este venres, día no que o presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, presentou a súa dimisión na Cámara galega, "empeza a conta atrás para que Galicia teña un goberno liderado polo BNG". "Teño o convencemento de que estamos ante un cambio de ciclo que empezou a noite electoral do ano 2020, un cambio de ciclo no que o Partido Popular representa o pasado e o BNG representa o futuro, e isto teno moi claro o PP, porque Feijóo é o primeiro en abandonar o barco en Galicia", asegurou Ana Pontón nunha rolda de prensa ofrecida este venres na Cámara galega.
Na súa comparecencia despois de Feijóo trasladase a súa dimisión ao titular do Parlamento de Galicia, Miguel Santalices, Pontón asegurou que o BNG representa un "futuro mellor" para Galicia, que se "merece algo máis que un goberno que deixa a Galicia en peores condicións das que atopou en 2009".
"Sentimos nas rúas, sentimos no contacto que temos coa sociedade que Galicia ten ganas de cambio, ganas de deixar atrás estes anos de desastre do goberno do PP e o BNG aspira, desde a humildade pero con toda a ambición de país, a liderar ese cambio e a darlle un futuro mellor a todas as persoas que viven en Galicia", sinalou.
Neste sentido, deixou claro que o BNG vai "a por todas" para "disputarlle a maioría ao PP". "Porque queremos que Galicia teña un goberno que lle diga si a este país, un goberno cuxa única razón de ser sexa a defensa dos intereses dos galegos e das galegas", dixo Pontón. "Este é o meu compromiso e o compromiso de todo o BNG, imos dar o mellor de nós para conseguilo desde a humildade e desde a ambición de país", afirmou.
Na rolda de prensa e pregunta sobre se considera que se debería convocar un adianto electoral após a marcha de Feijóo, Pontón sinalou que ela "non" ten a facultade, "de momento", para convocar eleccións, unha cuestión que lle corresponde ao presidente da Xunta.
Con todo, considerou que "é evidente que o PP non convoca hoxe eleccións porque sabe que esa maioría estaría moi difícil". "Sabe que hai unha tendencia moi clara que non só vemos nas enquisas, senón que palpamos e sentimos na rúa e é que o PP baixa e o BNG é a forza política que sobe, a forza referencial para darlle un cambio real a este país", sostivo. "Por tanto, xogar co que nos gustaría é un exercicio que se pode facer, pero a min gústame ter os pés na terra", afirmou a líder do Bloque.
Los operarios apuran la instalación de los elementos que forman el idílico mercado la Navidad de Vigo, el Cíes Market
Ningún secreto se guarda mejor en Vigo que la fecha del encendido de las luces de Navidad. ¿Cuándo será?
Caballero anuncia que ya comenzó la tramitación urbanística de un ámbito que incluirá zonas verdes y una plaza pública
¿Tienes un negocio en Vigo y te apasiona la Navidad? Puedes participar en este concurso para sorprender a tus clientes y llevarte un gran premio
La UVigo abre este sábado su programa de rutas culturales con una andaina por algunas de las playas más importantes del norte de Portugal
No Events
Puedes encontrarnos en nuestras redes sociales o, si lo prefieres, ponerte en contacto con nosotros a través de contacto@metropolitano.gal
Saber todo lo que ocurre en Vigo y su área metropolitana es ahora más sencillo, rápido y directo gracias al nuevo servicio de alertas de WhatsApp de Metropolitano.gal
© Hansei Media SL