O Festival de Cans, que se celebra do 18 ao 21 de maio, vén de avanzar novas confirmacións musicais para esta XIX edición, na que Dakidarría será un dos pratos fortes. A recoñecida banda galega actuará o sábado, 21 de maio, no Espazo Estrella Galicia da Leira do Río, que se consolida como un dos epicentros do festival. Tamén alí, ese mesmo día grande do festival, subirán ao escenario os tres compoñentes da banda palmeira Los Vinagres, que prometen traer Buen clima, título do seu segundo álbum, e grandes doses de diversión a Cans.
A gran novidade deste 2022, é que o festival recupera os concertos gratuítos nocturnos e de pé trala supresión das restricións por mor da crise sanitaria. Ademais da Leira do Río, a música tomará de novo outras zonas emblemáticas como o Voulevar, coa animación de rúa da banda Breocáns Folk, dos que hai uns meses se viralizou un vídeo tocando na rúa en Vigo, ou o Torreiro de Cans, que acollerá actuacións de música de tamaño máis reducido coma as de Juan Zelada, Caldo ou Astrogirl.
En total, haberá cerca de vinte directos de estilos e formatos variados, moitos ligados á programación audiovisual do certame, coma os de Javi Álvarez, do dúo Fluzo, a picadiscos Eme Dj e o líder da banda do Leit Motiv, Litus, que actuará xunto a Pablo Novoa no Espazo Rei Zentolo do Invernadoiro. Curtido en 1001 cabinas e festivais, Peon Kurtz DJ porá a bailar o persoal na sesión disco-chimpín do venres, cunha sesión na que mesturará funk, disco, house, hip hop e hits de todos os tempos.
Tamén volve a Noite Lasal á praza do Concello, o xoves 19 con acceso gratuíto. Ao remate do xa clásico concurso de videoclips soará a música urbana e experimental da viguesa Sila Lua. O mércores, na noite das veciñas e veciños, o apartado musical correrá a cargo das Pandereteiras de Cans, os acordeonistas de Acordecans e as pandereteiras Fonteliño.
O Espazo Estrella Galicia da Leira do Río consolídase nesta XIX edición coma un dos espazos nucleares do Festival de Cans. Será o lugar da entrega de premios, das homenaxes e das grandes actuacións en directo. Tamén será o lugar no que se celebre, o sábado ao mediodía, o coloquio na leira cun coñecido cineasta que se desvelará nos próximos días.
No que respecta á música, o sábado ás 19.00 h será a quenda de Los Vinagres, o trío formado por Rober, Sergio e Abel que chegan con Buen clima, o seu segundo LP composto a tres voces durante a pandemia e que inclúe unha ducia de cancións nas que falan de amor, desamor, amizade e festa, sempre influídos pola súa Canarias natal.
Logo de protagonizar unha das actuacións máis memorables do festival prepandemia en Cans, Dakidarría volven este 2022 con novo traballo acabado de publicar. Colaxe é o sexto disco de estudio da banda galega de ska, reggae, ritmos urbanos e punk-rock que vén de acadar a súa maioría de idade e tamén de ampliar formación. Actuarán o sábado, a partir das 00.00 h, no Espazo Estrella Galicia da Leira do Río para descargar a emoción, a enerxía e a adrenalina que flúen nos seus directos.
O concerto de Dakidarría, seguido da sesión disco-chimpín de Eme DJ, pecharán esta XIX edición do Festival de Cans, que aínda incluirá máis sorpresas na programación que serán desveladas nos vindeiros días. A que xa está confirmada é a actuación de Caldo, e a súa proposta de melodías tradicionais galegas integradas en novos contextos sonoros, xunto a pezas propias tinguidas das músicas europeas e atlánticas. "Acorro" é o primeiro adianto do seu segundo disco, que verá a luz o próximo outono. Gañadores do Premio Fran Pérez “Narf” para grupos e artistas 2020, o trío vigués protagonizará a sesión vermú prevista para o sábado 21 ás 13.45 h no Torreiro.
Nese lugar tan emblemático de Cans, no paseo da fama do festival, poderá gozarse coa fórmula pop de Astrogirl que aúna melodías cuidadas ao detalle e letras que escapan do habitual. En Portales, o seu terceiro traballo, a cantautora coruñesa Mariaje Cabana propón unha viaxe chamánica cun marabilloso e electrizante son pop con toques folk e rock, que tamén coquetea con outros propios da psicodelia ou o dreampop. Actuará o sábado, a partir das 21.30 h e antes da gala de entrega de premios.
Tamén subirá ao escenario do Torreiro, o venres ás 20.00 h, o cantante e compositor madrileño Juan Zelada, quen deleitará o público asistente coas súas composicións clásicas de soul, blues e funk. Formado en Liverpool, Zelada recibiu de mans de Paul McCartney o recoñecemento á mellor composición da súa promoción. No Reino Unido chegaría a acadar un éxito notable no circuíto de directos, que o levarían a telonear a Amy Whinehouse
Una ruta nocturna por las calles del conjunto histórico de Tui llega con misterio, sorpresas y muchos sustos
Los vecinos de Vigo se han encontrado estos días con una propuesta de ocio que amenaza con brillar más que las luces. de Navidad ¡Es esta!
Una exposición de calacús, túnel del terror para todas las edades y música para celebrar un terrorífico Samaín en Porriño
Llega el tiempo de comer cocido y A Cañiza ya pone fecha para disfrutar de este plato típico de la gastronomía gallega en estos ocho locales
La UVigo abre este sábado su programa de rutas culturales con una andaina por algunas de las playas más importantes del norte de Portugal
No Events
Puedes encontrarnos en nuestras redes sociales o, si lo prefieres, ponerte en contacto con nosotros a través de contacto@metropolitano.gal
Saber todo lo que ocurre en Vigo y su área metropolitana es ahora más sencillo, rápido y directo gracias al nuevo servicio de alertas de WhatsApp de Metropolitano.gal
© Hansei Media SL