A sección sindical da CIG en Vitrasa reiterou este mércores a súa oposición á rebaixa salarial anunciada pola concesionaria do transporte urbano do Concello de Vigo e insta ao Goberno local a rescindirlle o contrato se a empresa "segue a incumprir o convenio colectivo e o prego de condicións do servizo". Ao mesmo tempo, e unha vez rematada sen acordo a mediación pola inaplicación do convenio que pretende a compañía do grupo Avanza, a CIG-Vitrasa dá por esgotada a vía da negociación e anuncia a convocatoria de protestas.
As conversas entre a representación sindical e a dirección remataron o pasado día 25 sen que as partes lograsen chegar a un pacto sobre a inaplicación do convenio que Vitrasa pretende impoñerlle ao conxunto do cadro de persoal e que se traduciría nunha importante baixada de soldos. En consecuencia, a empresa solicitará unha arbitraxe para forzar unha resolución final ao conflito provocado pola súa intención de reducir os salarios un 30% o que queda de 2022 e un 14% en 2023, baseándose nas perdas durante a pandemia e nas posíbeis perdas nos anos 2022 e 2023. Vitrasa pretende incrementar tamén a xornada anual, incluír medidas de flexibilización de xornada, eliminar un plus de absentismo que se cobra anualmente e, segundo a CIG, mesmo non entregar unha peza de abrigo no próximo inverno.
Ademais, se o balance de contas de 2023 fose positivo, primeiro dedicarían as ganancias a recuperar as perdas dos anos 2020 e 2021, e en caso de seguir en números positivos o resto sería para restaurar aos traballadores a súa rebaixa salarial. O sindicado denuncia que a pesar de que a empresa recibiu un reequilibrio de 5,7 millóns de euros, mantén un contencioso contra o Concello de Vigo pola redución de ingresos dos anos 2020 e 2021 debido á pandemia, no que reclama 14 millóns de euros máis.
Unha vez examinadas as contas anuais presentadas, os economistas de CIG conclúen que as contas son “moi pouco claras” e as perdas e ingresos “totalmente volúbeis” a criterio dos administradores que as presentan. Como exemplo destacan que para apoiar a solicitude de inaplicación presentáronse até tres contas de resultados realizadas por diferentes auditorías externas e ningunha delas reflectía as mesmas cifras; o balance de gastos lanza cifras de negocio doutras empresas nas que Vitrasa participa, e mesmo do grupo Avanza; e inclúense en gastos anuais partidas como a compra de autobuses que en ocasións anteriores repartíanse durante varios anos como amortizacións a longo prazo.
Para CIG-Vitrasa chama a atención que unha empresa que se dedica ao transporte de viaxeiros leve dende hai un par de anos "recortando sistematicamente servizos ao tempo de que se queixa de que non aumenta o número de viaxeiros". Lembran que a día de hoxe realízanse diariamente case 80 expedicións menos que hai dous anos, ademais de ter desaparecido a liña C2, o que fai que nas cocheiras de Vitrasa haxa da orde de 20 autobuses parados a diario.
“Incumpren o prego de condicións diminuíndo servizos, e estes recursos deberían estar na rúa captando viaxeiros, polo que hai que realizar unha oferta máis atractiva de transporte urbano, xa que a actual deixa moito que desexar como o constatan as continuas queixas das persoas usuarias”. Consideran que a empresa non ten vocación de servizo público, xa que unicamente actúa "para optimizar beneficios".
Los operarios apuran la instalación de los elementos que forman el idílico mercado la Navidad de Vigo, el Cíes Market
Ningún secreto se guarda mejor en Vigo que la fecha del encendido de las luces de Navidad. ¿Cuándo será?
Caballero anuncia que ya comenzó la tramitación urbanística de un ámbito que incluirá zonas verdes y una plaza pública
¿Tienes un negocio en Vigo y te apasiona la Navidad? Puedes participar en este concurso para sorprender a tus clientes y llevarte un gran premio
La UVigo abre este sábado su programa de rutas culturales con una andaina por algunas de las playas más importantes del norte de Portugal
No Events
Puedes encontrarnos en nuestras redes sociales o, si lo prefieres, ponerte en contacto con nosotros a través de contacto@metropolitano.gal
Saber todo lo que ocurre en Vigo y su área metropolitana es ahora más sencillo, rápido y directo gracias al nuevo servicio de alertas de WhatsApp de Metropolitano.gal
© Hansei Media SL