O xeocaching é unha actividade lúdica que foi gañando adeptos incesantemente dende comezos deste século. Consiste en agochar e atopar “tesouros”, cousas de pouco valor como pequenos xoguetes ou libretas, empregando unicamente as coordenadas GPS. Para os que xa a coñezan e tamén para os que queiran iniciarse nela por primeira vez, a Área de Benestar, Saúde e Deporte organiza o vindeiro martes o evento Atopa os tesouros agochados no campus, unha proposta pensada especialmente para o alumnado internacional da UVigo, “xa que é unha maneira divertida de explorar sitios que non coñezan do campus”. A idea é converter esta cita nunha encontro internacional no que “haxa representación do maior número de países posible” e dende a organización convidan ás persoas participantes a levar algún artigo que represente o seu país, como unha camiseta, un chapeu, unha bandeira, etc. Con todo, como a idea é que sexa o máis internacional posible, a inscrición está aberta a toda a comunidade de estudantes da UVigo, independentemente da súa procedencia.
A cita será o vindeiro martes, 26 de abril, con saída da praza Miralles a partir das 12.30 horas.
O xeocaching é unha actividade que consiste en buscar e atopar «tesouros», obxectos diferenciados de distinto valor, que están agochados en calquera lugar do mundo empregando o sistema de posicionamento global. Na actividade da próxima semana as persoas participantes buscarán seis tesouros ou xeocaches, dos que se revelarán as coordenadas GPS exactas o propio día do evento, e que se atopan agochados en sitios sorprendentes do campus.
O único requisito para participar é rexistrarse na web oficial da actividade de xeocaching e ter un dispositivo GPS (tamén serve un móbil con GPS) para poder orientarse na busca. Poderase participar tanto de xeito individual como en parellas ou en grupos de ata dez persoas. Ademais, non é obrigatorio visitar os puntos en orde numérica.
La UVigo abre este sábado su programa de rutas culturales con una andaina por algunas de las playas más importantes del norte de Portugal
No Events
Puedes encontrarnos en nuestras redes sociales o, si lo prefieres, ponerte en contacto con nosotros a través de contacto@metropolitano.gal
Saber todo lo que ocurre en Vigo y su área metropolitana es ahora más sencillo, rápido y directo gracias al nuevo servicio de alertas de WhatsApp de Metropolitano.gal
© Hansei Media SL