O XIX Festival de Cans que terá lugar do 18 ao 21 de maio, estreará en Galicia dous documentais: Miedo al miedo, dirixido por Menchu Esteban, sobre a coñecida disc jockey galega Eme DJ, e La historia de un cantante de pub, de Óscar Vilanova, no que se repasa a azarosa traxectoria de Litus Ruiz, o líder da banda do Late Motiv, que actuará no Invernadoiro de Cans acompañado do vigués Pablo Novoa.
Antes desa actuación, o Invernadoiro será tamén escenario da performance musical de Javi Álvarez, creador multidisciplinar que chega a Cans para mostrarnos moita da súa obra, en parte inédita, de videoclips a curtametraxes, pasando por pezas próximas á videocreación que non deixarán a ninguén indiferente. Máis coñecido por ser unha das metades, xunto co Jevi, do grupo Fluzo, Javi Álvarez é un interesantísimo creador visual sobre o que Festival de Cans quere poñer o foco nesta edición.
Eme DJ é unha das disc jockey máis recoñecidas na escena indie-disco estatal. Ten pinchado ante milleiros de persoas en festivais tan importantes como o Sónar, FIB Benicassim, BBK Live ou os MTV European Music Awards e nas principais pistas de baile de toda España, compartindo cartel, entre outros, con DJs da altura de David Guetta, 2Many DJs ou Danny Ávila. O documental Miedo al miedo narra como esta referente das platinas se enfronta á ansiedade antes de saír a pinchar.
Hai uns anos Eme DJ confesou no seu primeiro libro Mamá, quiero ser DJ que sufría ansiedade cada vez que subía a unha cabina e se expoñía ante o público. Mesmo chegou a padecer ataques de pánico que a obrigaron a cancelar actuacións. Desde entón, fala abertamente sobre a saúde mental, tanto en entrevistas como nas súas redes sociais.
A realizadora Menchu Esteban leu o libro e viu unha historia que había que contar, e así o fixo. Acompañou a Marta nas súas actuacións e comezaron coa rodaxe do documental no 2019. O resultado é unha emocionante curta documental de 17 minutos estreada no último festival de Sevilla, e que agora se poderá visionar en Galicia no marco do Festival Cans o sábado 21 ás 16:30 h no Baixo de Carlos, con acceso gratuíto até completar capacidade. Pola noite, Eme DJ realizará unha sesión disco-chimpín.
Litus Ruiz, o líder da banda do programa Late Motiv, é o protagonista de La historia de un cantante de pub, un documental de 30 minutos dirixido por Óscar Vilanova que narra o devir da carrerira do músico de Terrassa que conseguiu facerse coñecido grazas ao programa Late Motiv, presentado por Andreu Buenafuente.
Agora Litus ten logrado méritos que xamais tivera imaxinado, como a súa actuación en teatros, películas ou programas de radio e a realización de colaboracións musicais con outros cantantes. Dirixido por Óscar Vilanova, o documental proxectarase o sábado ás 20 h no Cuberto de Mucha do Peso.
Como fío condutor do documental, enlazáronse máis de vinte entrevistas personais a xornalistas como Santiago Alcanda ou Arancha Moreno, amizades e artistas célebres como Coque Malla, Leonor Watling ou compañeiros como Pablo Novoa, que actuará con el no Invernadoiro tralo pase da película.
Una ruta nocturna por las calles del conjunto histórico de Tui llega con misterio, sorpresas y muchos sustos
Los vecinos de Vigo se han encontrado estos días con una propuesta de ocio que amenaza con brillar más que las luces. de Navidad ¡Es esta!
Una exposición de calacús, túnel del terror para todas las edades y música para celebrar un terrorífico Samaín en Porriño
Llega el tiempo de comer cocido y A Cañiza ya pone fecha para disfrutar de este plato típico de la gastronomía gallega en estos ocho locales
La UVigo abre este sábado su programa de rutas culturales con una andaina por algunas de las playas más importantes del norte de Portugal
No Events
Puedes encontrarnos en nuestras redes sociales o, si lo prefieres, ponerte en contacto con nosotros a través de contacto@metropolitano.gal
Saber todo lo que ocurre en Vigo y su área metropolitana es ahora más sencillo, rápido y directo gracias al nuevo servicio de alertas de WhatsApp de Metropolitano.gal
© Hansei Media SL