“A exposición Conquistadoras é o compromiso deste Concello con todas as mulleres que loitaron polos seus dereitos” afirmou hoxe a alcaldesa de Redondela, Digna Rivas, ao dar a coñecer a instalación da exposición da mostra no paseo marítimo de Chapela, onde poderá ser visitada ata fin de mes. Tal e como adiantara o Concello de Redondela coa posta en marcha desta iniciativa “non é unha exposición ao uso tradicional, senón que é unha viva e dinámica á que cada ano engádense caras e nomes de aquelas que durante anos loitaron, non só polos seus dereitos, senón polas de todas as mulleres”
'Conquistadoras' amosa a historia do esforzo de moitas mulleres que, dende o seus ámbitos de vida persoais e profesionais, foron quen de 'conquistar' o dereito a ser elas sen necesidade de pedir o permiso deles. “Durante séculos –afirma a alcaldesa de Redondela, Digna Rivas– considerouse que a muller non podía acadar os mesmos éxitos ca os homes, ou que simplemente non tiña capacidade dabondo para igualalos. Todos estes prexuízos, que tristemente aínda se manteñen na sociedade contemporánea, foron pouco a pouco desterrados co exemplo destas mulleres que hoxe protagonizan 'Conquistadoras'”.
“Achegamos á veciñanza anacos da historia de Redondela e de Galicia a través de mulleres capaces de sobrepoñerse a todo tipo de adversidades para demostrar o que non debera precisar de xustificiación: calquera muller pode realizar os mesmo traballos ca un home”.
Rómpese con Conquistadoras o estereotipo da muller do século XX “de ama de casa, cando a realidade amósanos mulleres que lideraron revoltas sociais marcando un camiño, exercendo un liderado nun tempo en que a muller estaba sometida a unha sociedade patriarcal. Non foi así. A muller traballou na casa e fóra da casa, axudou e colaborou en múltiples loitas, coma calquera persoa sexa do sexo que sexa”, aclarou Digna Rivas.
A alcaldesa lembrou a intención do seu Goberno á hora de desenvolver iniciativas para que “a loita pola igualdade, non quede cinguida a un so día, senón que sexa unha acción continuada ao longo de todo o ano porque é o único xeito de acadar unha sociedade xusta”.
Una ruta nocturna por las calles del conjunto histórico de Tui llega con misterio, sorpresas y muchos sustos
Los vecinos de Vigo se han encontrado estos días con una propuesta de ocio que amenaza con brillar más que las luces. de Navidad ¡Es esta!
Una exposición de calacús, túnel del terror para todas las edades y música para celebrar un terrorífico Samaín en Porriño
Llega el tiempo de comer cocido y A Cañiza ya pone fecha para disfrutar de este plato típico de la gastronomía gallega en estos ocho locales
La UVigo abre este sábado su programa de rutas culturales con una andaina por algunas de las playas más importantes del norte de Portugal
Puedes encontrarnos en nuestras redes sociales o, si lo prefieres, ponerte en contacto con nosotros a través de contacto@metropolitano.gal
Saber todo lo que ocurre en Vigo y su área metropolitana es ahora más sencillo, rápido y directo gracias al nuevo servicio de alertas de WhatsApp de Metropolitano.gal
© Hansei Media SL