“Grande Amore é a miña vida resumida en 30 e poucos minutos. Ten todas as miñas alegrías e as miñas penas, todo o duro, todo o romántico e todo o escuro que levo dentro cada día, para ben e para mal”. Neste termos se refire Grande Amore, o alter ego do músico de Burela Nuno Pico, ao seu traballo homónimo, nove cancións, que conforman, segundo o seu autor, “un disco de rock and roll, e encántame”, cheo de enerxía, entre a vulnerabilidade e a potencia máis rabiosa.
A mestura entre o post-punk, o synth-punk e as influencias da música galega de Grande Amore, sumaranse o 21 de abril á fusión orgánica entre o pop, a electrónica, o trap e o techno de Berto, a metade Verto, que logo da publicación en 2021 do seu primeiro traballo en solitario Viaxe ao espazo interior, lanzaba o mes pasado un novo E.P Bailar Chikito. Ambos os dous músicos serán os protagonistas de Sonora’2.2 que volverá encher de ritmos o teatro Vidal Bolaño de Cidade Universitaria a partir das 17.30 horas, nunha nova edición do festival, que organiza a Vicerreitoría de Extensión da UVigo. Grande Amore será o primeiro en saír ao escenario, nun concerto que pechará Berto e que será gratuíto, con entrada libre ata encher a capacidade do teatro.
Berto e Grande Amore achegarán á comunidade universitaria e ao público en xeral unha mostra “da nova etapa da música feita en Galicia e que está sorprendendo ao mundo”, sinala o técnico superior de Actividades Culturais, Alfonso Caride, recalcando así, “unha vez máis”, a aposta da Universidade pola emerxente música galega”.
Tras unha serie de singles e EP,s previos, Grande Amore presentará o 21 de abril no teatro Vidal Bolaño o seu álbum debut, no que conflúen temas que abordan a desesperación existencial (Esta pena que a veces teño); a autoparodia (Non sei cantar) ou o goce (Vamos enchernos) a ritmo de guitarra, sintetizador e efectos vocais. Pola súa banda, Berto aproveitou o parón na carreira de Verto para seguir facendo música, cun traballo en solitario a finais do ano pasado e un E.P recentemente publicado, nos que o eclecticismo dentro da música urbana segue a ser a marca da casa. Á fronte da produción musical e á voz principal e coa colaboración estrela de Marinha, Berto mestura o analóxico e o dixital, acompañado dunha banda con Lorena “Cachito” á batería e María Soa nos sintetizadores.
La UVigo abre este sábado su programa de rutas culturales con una andaina por algunas de las playas más importantes del norte de Portugal
No Events
Puedes encontrarnos en nuestras redes sociales o, si lo prefieres, ponerte en contacto con nosotros a través de contacto@metropolitano.gal
Saber todo lo que ocurre en Vigo y su área metropolitana es ahora más sencillo, rápido y directo gracias al nuevo servicio de alertas de WhatsApp de Metropolitano.gal
© Hansei Media SL