A Universidade de Vigo e o Consorcio da Zona Franca de Vigo asinaron este luns a renovación, por outros catro anos, do convenio a través do que se artella a Cátedra Ardán, unha proposta que naceu en 2018 para dotar dun marco institucional á relación que ambas institucións viñan mantendo e que se materializada no Informe Ardán.
Na presentación deste novo acordo, o reitor da Universidade, Manuel Reigosa, e o delegado do Estado no consorcio, David Regades, destacaron que a ampliación deste convenio permitirá continuar coa tarefa de xerar e difundir coñecemento sobre a competitividade de Galicia para propiciar a mellora nas empresas e o apoio no deseño de políticas públicas máis eficientes. De feito, ambos subliñaron que a Cátedra Ardán se ten convertido nun modelo de éxito na investigación sobre economía en Galicia e os informes que se xeran ao seu abeiro son “imprescindibles” para a toma de decisións, tanto políticas como empresariais, en palabras de Regades.
O reitor amosou a súa “satisfacción” polo percorrido feito por ambas institucións e subliñou que “a Cátedra Ardán é un bo exemplo de cooperación institucional” e os resultados obtidos ao longo dos anos “son moi positivos e contribúen ao desenvolvemento da empresa galega”. Ademais, engadiu Reigosa, a ampliación do acordo por outros catro anos, “vai permitir que os traballos académicos se fagan coa máxima seguridade para que os indicadores Ardán continúen sendo un referente para a economía de Galicia”.
Precisamente, recordou Regades, unha das liñas desenvolvidas no marco da cátedra, os Indicadores Ardán, acaban de recibir un premio do Ministerio de Hacienda á Innovación na Xestión Pública no ano 2021.
Tanto Reigosa como Regades destacaron nas súas intervencións a importancia da colaboración público-privada da que nace esta cátedra, xa que grazas ao traballo do persoal investigador e da información achegada polas empresas, xérase e difúndese “coñecemento sobre a competitividade de Galicia e os factores que a explican”, destaca Regades. Neste sentido, o reitor tamén puxo en valor a importancia da información xerada pola cátedra e subliñou que aínda que “os galegos non somos moito de sacar peito, temos que facer un esforzo por crer en nós mesmos” e recoñecer exemplos exitosos de colaboración público-privada coma este. “Aquí temos dende hai mais de catro anos un exemplo desa tripla hélice totalmente virtuosa, cunha administración totalmente comprometida coa contorna, o traballo das empresas e os valores sociais; temos unha Universidade que aposta polo tecido económico e empresarial; e temos un tecido empresarial do que podemos presumir e que todos temos que apoiar para que Galicia sexa máis rica, próspera e igualitaria”.
O delegado do Estado na Zona Franca recalcou que “Ardán é un instrumento útil para unha sociedade que necesita basear a súa competitividade no coñecemento. Hoxe a toma de decisión das empresas e do desenvolvemento económico faise sempre baseado no coñecemento, nos datos e na información e sendo capaces de compararnos con outras sociedades e outras economías”.
O traballo da cátedra é desenvolvido por destacados catedráticos e persoal investigador da Universidade de Vigo en colaboración co servizo de información empresarial do consorcio para elaborar metodoloxías rigorosas e enfoques vangardistas sobre o desempeño empresarial. Durante estes catro anos, este esforzo conxunto centrouse na elaboración de medidores de desempeño empresarial en factores como a innovación, a internacionalización, a economía circular, a igualdade de xénero e a xestión do talento.
Uno dos estudos máis singulares da cátedra é o Ránking de Empresas Intelixentes de Galicia, cun innovador enfoque, tanto no conceptual como no metodolóxico, para identificar as empresas que mellor combinan a súa capacidade para xerar beneficios cun crecemento económico sostible, inclusivo e responsable. Ademais, tamén se abordaron diagnoses sobre actividades emerxentes e novas formas de negocio nos que se poden crear oportunidades en Galicia como, por exemplo, as actividades relacionadas coa Silver Economy, “que cada vez xoga un papel máis importante, xa que unha poboación cada vez máis envellecida pode ser un banco de probas para testar novos proxectos económicos”, recalcaba Regades.
La UVigo abre este sábado su programa de rutas culturales con una andaina por algunas de las playas más importantes del norte de Portugal
No Events
Puedes encontrarnos en nuestras redes sociales o, si lo prefieres, ponerte en contacto con nosotros a través de contacto@metropolitano.gal
Saber todo lo que ocurre en Vigo y su área metropolitana es ahora más sencillo, rápido y directo gracias al nuevo servicio de alertas de WhatsApp de Metropolitano.gal
© Hansei Media SL