A Residencia COMTECART de creación dixital remata esta fin de semana no Gaiás logo dun mes de intenso traballo no que nove estudantes da Universidade de Vigo traballaron de maneira conxunta no deseño dunha nova proposta de videoxogo inspirado na novela Arnoia, Arnoia, de Xosé Luís Méndez Ferrín. Unha experiencia pioneira impulsada pola Xunta de Galicia coa Universidade de Vigo, no marco da segunda edición das Residencias Artísticas do Gaias (REGA).
Conxugar diferentes perfís profesionais e creativos, ofrecer unha experiencia próxima ao traballo real na industria dos videoxogos e promover o intercambio entre disciplinas artísticas son os obxectivos desta nova residencia coa que a Cidade da Cultura amplía este ano seu programa de apoio á creación cultural.
O alumnado da UVigo, procedente de cinco titulacións diferentes e dos tres campus da universidade, desenvolven o seu traballo no Gaiás organizados en tres áreas: deseño, ilustración e arte, e programación e intelixencia artificial, como se fosen tres departamentos dunha produtora que deben coordinarse para desenvolver un proxecto único. Trátase dunha experiencia moi inmersiva na que, como destacan os profesores responsables da iniciativa, sobresae o bo ambiente de traballo xerado entre o grupo de estudantes, que non se coñecían previamente.
Os participantes encárganse, entre outras cuestións, de escribir o guión literario e os diálogos, deseñar a narrativa da historia e coordinar os outros departamentos. Tamén son responsables da parte estética do xogo, desde definir a paleta de cores que empregarán ata crear os bocexos das personaxes, as texturas e, en definitiva, trasladar as palabras coas que Méndez Ferrín describe o mundo máxico de Arnoia, Arnoia a un escenario de videoxogo.
En paralelo ao desenvolvemento da parte gráfica o equipo tamén traballa a área de programación, a través tanto de liñas de código como formas xeométricas en movemento, unha sorte de esqueleto sobre o que máis adiante se aplicarán os deseños e a arte do xogo. Este departamento é tamén o responsable de dar vida ás personaxes, así como de establecer a física dos obxectos e dos escenarios para que aquelas poidan interactuar con eles sen erros.
As cinco fins de semana da Residencia COMTECART chegan o día 3 de abril á súa fin, pero o equipo seguirá afinando o xogo máis aló da estadía no Gaiás co obxectivo de presentar o resultado ao público da mellor forma posible. Á hora de valorar o seu paso pola Cidade da Cultura, os participantes coinciden en destacar o bo ambiente, a enriquecedora comunicación interdisciplinar e o desafiante dunha experiencia que lles achega un pouco máis as súas aspiracións de dedicarse profesionalmente ao desenvolvemento de videoxogos.
La UVigo abre este sábado su programa de rutas culturales con una andaina por algunas de las playas más importantes del norte de Portugal
No Events
Puedes encontrarnos en nuestras redes sociales o, si lo prefieres, ponerte en contacto con nosotros a través de contacto@metropolitano.gal
Saber todo lo que ocurre en Vigo y su área metropolitana es ahora más sencillo, rápido y directo gracias al nuevo servicio de alertas de WhatsApp de Metropolitano.gal
© Hansei Media SL