O World Padel Tour regresa a Máis que Auga Navia. A partir deste domingo 20 de marzo, e durante tres días, o complexo de pádel de Máis que Auga Navia será sede da fase previa do Vigo Open 2022, unha das probas do circuíto mundial de pádel profesional, que este ano visitará 13 países. Como nas dúas edicións anteriores do WPT celebradas en MQA Navia, o acceso ao público será gratuíto ata encher o aforo da instalación.
A competición en Navia comezará o domingo 20 de marzo ás 09:30 horas e xa comeza cun prato forte, a nivel deportivo. A esa hora o vigués Nacho Vilariño disputará o seu primeiro partido xunto ao seu compañeiro José Luis González, polo que tocará madrugar para poder gozar deste enfrontamento contra Hugo García/Roberto Belmont. Vilariño destacou que “chegamos ben, con confianza despois do torneo de Reus, onde gañamos tres partidos bastante duros. Ademais aquí xogamos en casa, o que nos da ese plus”. O vigués coñece a Hugo García e destaca que “é un bo xogador madrileño, así que hai que loitalo para dar o primeiro pasiño”. Ademais, hai sesión continua xa que ás 10:30 horas comezará a xogar o tamén vigués Iago González Niño, que fai parella con Daniel Blanco Dopazo. E moitos máis partidos interesantes, para todos os amantes do pádel.
Ao longo destes tres días de competición se celebrarán no complexo de pádel de MQA Navia máis de 60 partidos nos que haberá a oportunidade de ver a grandes parellas tanto a nivel galego como nacional e internacional, que buscan a súa clasificación para a fase final do Vigo Open que este ano se celebrará no IFEVI (22-27 de marzo). Todas as persoas interesadas en acudir ao evento, poden achegarse ata Máis que Auga Navia xa que o acceso é gratuíto, iso si, ata encher o aforo existente.
Esta será a terceira vez que as instalacións de Máis que Auga en Navia acollen a fase previa do WPT, o cal amosa a confianza e a aposta da organización do World Padel Tour polo traballo realizado pola firma viguesa. Dende a primeira edición, celebrada no ano 2019, tanto a organización como os propios participantes destacaron a calidade das pistas e do resto das instalacións. Ademais, as e os xogadores do WPT poderán desfrutar do novo céspede SUPERCOURT XN (oficial do World Padel Tour), xa que recentemente renovouse por completo o chan de varias pistas de Barreiro e de Navia.
A celebración desta fase previa en Navia supón o traslado das clases de pádel e reservas a Barreiro durante estes días, polo que dende Máis que Auga piden desculpas a todas e todos os seus usuarios, "Moi pronto estaremos de novo, listos para acoller a nosa actividade habitual e cunha nova experiencia organizativa ás nosas costas, que nos permitirá seguir medrando", destacan.
Las aportaciones del Plan Extraordinario de Infraestructuras Deportivas se otorgarán en régimen de concurrencia no competitiva
El equipo vigués recibe al otro coloso de la Liga, el FC Barcelona, el sábado 23 de noviembre a las 21:00 horas
El Celta "pica" al Real Madrid con el único título europeo que jamás puede tener, un trofeo que expondrá este sábado en Balaídos
El Celta "apuntala" su proyecto con la renovación de Claudio Giráldez hasta junio de 2027 y lo anuncia con este vídeo
La UVigo abre este sábado su programa de rutas culturales con una andaina por algunas de las playas más importantes del norte de Portugal
No Events
Puedes encontrarnos en nuestras redes sociales o, si lo prefieres, ponerte en contacto con nosotros a través de contacto@metropolitano.gal
Saber todo lo que ocurre en Vigo y su área metropolitana es ahora más sencillo, rápido y directo gracias al nuevo servicio de alertas de WhatsApp de Metropolitano.gal
© Hansei Media SL