Éxito rotundo das comparsas de Tomiño nos distintos desfiles de Entroido celebrados por todas as vilas galegas. Estrelas da Noite, Luces e Ciklón conseguiron entre todas unha ducia de premios tras o seu paso polos desfiles de Santiago de Compostela, Pontevedra, A Coruña, O Rosal, Tui e mesmo a localidade portuguesa de Caminha. A gran sorpresa dérona na capital galega, en Santiago, onde as tres comparsas tomiñesas encheron o podio na categoría de mellor carroza ao quedar Cicklón en primeira posición, Estrelas da Noite en segunda e Luces en terceira.
Pódeche interesar: Así foi o "Venres de Foliada", e desfile que abre o Entroido no Baixo Miño
Ademais deste premio, Ciklón volveu de Santiago co terceiro premio á mellor comparsa. Nestes días de desfile conseguiu tamén o primeiro premio pola súa carroza en forma de pavo real en O Rosal, mentres que de A Coruña volveron dos dous premios debaixo do brazo: o primeiro premio na categoría de carrozas e o segundo na de vestiario e coreografía, o equivalente a comparsa. Cuartos tamén no desfile camiñés, todos estes galardóns “son máis alicientes para seguir traballando xa pensando no entroido do ano que vén, aínda que o traballo forte comeza en setembro”, ao que xa lle empezaron a dar voltas, como asegura Fernando Domínguez.
Pola súa banda, Estrelas da Noite leva colleitado xa catro premios neste Entroido. Ademais do segundo posto na categoría de carrozas de Santiago, a comparsa tomiñesa conseguía na capital galega tamén o primeiro premio na de comparsas. Primeiro galardón para ela tamén na categoría de disfrace no entroido de Pontevedra e primeiro premio no desfile nocturno de Caminha polas súas vistosas caixas de música con xoias. “Para nós é un recoñecemento a tanta dedicación, xa que así como termina un entroido xa comezamos a pensar no seguinte”, explica Fátima Oroña, de Estrelas da Noite, que levan traballando na carroza e nos traxes dende o mes de setembro.
En canto á comparsa Luces, ademais do terceiro posto acadado en Santiago conseguiron un histórico terceiro premio no desfile de entroido de Tui na categoría de carrozas e un segundo premio en O Rosal, tamén pola súa carroza, unha gran ruleta de xogo.
Para todas e todos os integrantes destas asociacións o entroido aínda non rematou, xa que esta fin de semana acudirán tanto como concursantes como como comparsa invitada. Noia, Padrón, Celanova, Carballiño ou Vilanova de Arousa son algunhas das citas pendentes para esta fin de semana.
O enfrontamento de Entroido entre os barrios de A Feira e Castro Barreiro, en Salceda, encheu de festa rachada, sarcasmo e moita retranca o remate dunha semana de festas.
Unha xoubiña para un entroido da rapazada. Na cita, habitual nas festas de Moaña, milleiros de persoas encheron as rúas rendendo tributo a un peixe que, como cada ano, acabará no mar. https://youtu.be/vEAJDH87rt4 O Enterro da Xoubiña arrancou este ano en torno as 17:30 horas no peirao do Con e...
El Entroido se prolonga este año. Si bien es cierto que en la mayoría de municipios los actos se circunscriben a las fechas que van desde el sábado de Entroido al martes, todavía queda mucha fiesta por delante
A cita arrancará ás 17.00 horas coa actuación musical de sete pandereteiras do grupo infantil - xuvenil, unha serie de xogos populares e, como non, chulas e filloas.
La UVigo abre este sábado su programa de rutas culturales con una andaina por algunas de las playas más importantes del norte de Portugal
No Events
Puedes encontrarnos en nuestras redes sociales o, si lo prefieres, ponerte en contacto con nosotros a través de contacto@metropolitano.gal
Saber todo lo que ocurre en Vigo y su área metropolitana es ahora más sencillo, rápido y directo gracias al nuevo servicio de alertas de WhatsApp de Metropolitano.gal
© Hansei Media SL