A Concellería de Igualdade de Redondela vén de ultimar un amplo programa para conmemorar o 8M, Día Internacional da Muller, e poñer o foco de atención sobre a igualdade como eixo imprescindible acadar unha sociedade xusta. Serán nove días de actividades variadas e dirixidas a todos os sectores da sociedade “como partes imprescindibles na loita pola igualdade” asegurou a alcaldesa Digna Rivas.
O programa, arrinca xa o vindeiro 4 de marzo, coa inauguración da exposición 'Conquistadoras' na Alameda Castelao ás 12:30 horas. O día 6 de marzo, ás 12:00 horas, o Multiúsos da Xunqueira acollerá a inauguración da exposición de pintura de María Lapido 'Do miúdo'.
O 8 de marzo, Día Internacional da Muller, ás 12:00 horas terá lugar na Alameda Castelao a lectura do manifesto institucional para, un día despois, o 9 de marzo ás 18:00 horas, inaugurarse o mural 'Praceiras pioneiras' na Alameda Rosalía de Castro de Chapela.
O 10 de marzo, en dobre sesión de 10:00 horas e 12:15 horas e dirixido ás e aos escolares do municipio, o Multiúsos da Xunqueira será escenario do monólogo teatralizado A síndrome de Lis.
A programación do 8M do Concello de Redondela continuará os días 11 e 12 de marzo coas II Xornadas de Muller e Igualdade «Gemma Pereira Otero». Contarán estas xornadas, o 11 de marzo con tres actividades ben diferenciadas. Por unha banda, a Casa da Cultura de Redondela, situada na Praza Figueroa, acollerá entre as 19 e 21 horas as actividades do obradoiro 10 claves para emprender. Liderazgo feminino e autoxestión. Os e as mais cativas terán tamén unha actividades especialmente pensada para eles como é o contacontos Tanto conta, conta tanto, a cargo de Ana Facchini que terá lugar na Biblioteca Xela Arias de Chapela ás 18.30 horas e, finalmente este primeiro día das xornadas pecharase cun atractivo roteiro que percorrerá a Ruta das regateiras, con saída dende a Fonte de Santiago ás 19:30 horas.
O día 12 de marzo, segundo das Xornadas Gemma Pereira Otero, de 10:00 a 14.30 horas o Multiúsos da Xunqueira acollerá o segundo obradoiro que, desta volta, levará por título "Os medios de comunicación como axentes do cambio fronte a violencia machista". O peche ás xornadas o porá o monólogo Ellas bailan solas, ás 20:00 horas e tamén no Multiúsos da Xunqueira.
Por último, o día 13 de marzo o teatro será o encargado de pechar a programación do 8M de Redondela coa posta en escena de Bravas.
Pola súa banda, Radio Redondela desenvolverá ao longo de todo o mes unha programación especial co programa "Recuperando as pezas que faltan" ao mesmo tempo que, todos os primeiros luns de mes, dará continuidade a emisión do programa "As mulleres contan. Percorrendo Camiño".
A programación do 8M de Redondela, tal e como apunta a alcaldesa Digna Rivas, “non queda cinguida a un so día ao igual que a loita pola igualdade non pode quedar limitada a actos puntuais”. Rivas lembrou a importancia de “traballar a prol da igualdade non só a través de celebracións ou conmemoracións, senón tamén no noso día a día e nas actividades cotiás que desenvolvemos”.
Nese sentido, a alcaldesa de Redondela que felicitaba á concelleira de Igualdade, Iria Vilaboa, polo traballo realizado á hora de desenvolver “un programa potente e atractivo”, lembrou que o Goberno local busca a “transversalidade en todas as súas áreas, de xeito que a igualdade estea sempre presente en todas e cada unha das iniciativas que levamos a cabo, independentemente da concellería ou departamento de que se trate”.
Una ruta nocturna por las calles del conjunto histórico de Tui llega con misterio, sorpresas y muchos sustos
Los vecinos de Vigo se han encontrado estos días con una propuesta de ocio que amenaza con brillar más que las luces. de Navidad ¡Es esta!
Una exposición de calacús, túnel del terror para todas las edades y música para celebrar un terrorífico Samaín en Porriño
Llega el tiempo de comer cocido y A Cañiza ya pone fecha para disfrutar de este plato típico de la gastronomía gallega en estos ocho locales
La UVigo abre este sábado su programa de rutas culturales con una andaina por algunas de las playas más importantes del norte de Portugal
Puedes encontrarnos en nuestras redes sociales o, si lo prefieres, ponerte en contacto con nosotros a través de contacto@metropolitano.gal
Saber todo lo que ocurre en Vigo y su área metropolitana es ahora más sencillo, rápido y directo gracias al nuevo servicio de alertas de WhatsApp de Metropolitano.gal
© Hansei Media SL