A Área de Normalización Lingüística da UVigo fai unha chamada á creatividade literaria en galego da comunidade universitaria coa apertura da convocatoria para unha nova edición dos tradicionais Premios de poesía, relato curto e tradución da Universidade de Vigo. Convocados ao abeiro de colaboración vixente entre a UVigo e a Consellería de Cultura, Educación e Universidade da Xunta, as persoas interesadas en participar poderán presentar as súas propostas ata as 14:00 horas do vindeiro 8 de abril.
A convocatoria está aberta á participación do alumnado, persoal docente e investigador e persoal de administración e servizos da universade. En canto aos requisitos, na modalidade de poesía e relato curto a temática será libre e as bases establecen, únicamente, que sexan traballos inéditos escritos en lingua galega e que teñan unha extensión de entre 100 e 150 versos, no caso da poesía, e entre 2.500 e 6.000 palabras, no caso do relato curto. Pola súa banda, o texto fonte da categoría de tradución debe ter tamén entre 2.500 e 6.000 palabras e pode estar escrito en calquera idioma, sempre que forme parte dos xéneros de literatura, ensaio, divulgación científica, guión cinematográfico ou videoxogos.
A ANL galardoará nesta ocasión os traballos de maior calidade e talento literario cun primeiro premio de 700 euros e dous accésits de 250 euros en cada unha das tres categorías, repartindo así un total de 3.600 euros. Ademais, as poesías, narracións curtas e traducións premiadas serán tamén publicadas nun monográfico que se edita anualmente e que, ano a ano, ten unha ampla acollida entre a comunidade universitaria.
O xurado encargado de elixir as propostas gañadoras estará integrado por persoas de recoñecida traxectoria nos ámbitos da creación poética e narrativa, da creación literaria e máis da tradución. A entrega de galardóns terá lugar no acto institucional de celebración do Día das Letras Galegas, dedicado este ano ao poeta valdeorrés Florencio Delgado Gurriarán (1903-1987).
O ano pasado, na modalidade de poesía o primeiro premio foi para Branca Trigo, polo poemario Cyberfolk; en relato curto para Fabio Rivas, polo relato O Forxán e os asteroides, e en traducción para Joaquín García, pola traducción dun texto escrito en portugués por José Luis Peixoto. Todos os traballos están recollidos no libro Premio 2021 de poesía, relato curo e traducción.
O xurado da última edición estivo presidido polo profesor da Universidade de Vigo e escritor Anxo Angueira, presidente da Fundación Rosalía de Castro e, xunto a él, formaron parte do tribunal, o director de edicións Xerais, Fran Alonso, o poeta Luís López Alonso –Premio de poesía da Universidade de Vigo 2019-, o escritor e profesor Manuel Lorenzo Baleirón –co ganador do Premio Xerais 2012- e os docentes da Universidade de Vigo Jorge Luis Bueno, Lourdes Lorenzo e Liliana Valado, xunto co director da ANL, Fernando Ramallo, como secretario con voz pero sen voto.
La UVigo abre este sábado su programa de rutas culturales con una andaina por algunas de las playas más importantes del norte de Portugal
No Events
Puedes encontrarnos en nuestras redes sociales o, si lo prefieres, ponerte en contacto con nosotros a través de contacto@metropolitano.gal
Saber todo lo que ocurre en Vigo y su área metropolitana es ahora más sencillo, rápido y directo gracias al nuevo servicio de alertas de WhatsApp de Metropolitano.gal
© Hansei Media SL