Durante toda esta semana en Redondela levaranse a cabo diversas actividades encamiñadas a celebrar a data de nacemento de Rosalía de Castro, figura clave das letras galegas. O día da grande das homenaxes será o mércores 23 de febreiro, Día de Rosalía de Castro, co acto institucional que terá lugar na Alameda Rosalía de Castro en Chapela, onde se realizará unha ofrenda floral no monumento que lembra a ilustre poetisa e novelista que, xunto a Eduardo Pondal, é unha das figuras emblemáticas do Rexurdimento Galego.
Co obxectivo de darlle un maior pulo a esta celebración, o Concello de Redondela puxo en marcha unha iniciativa entre os centros escolares do municipio. Cada un deles deberá debuxar unha grande camelia, na cal o alumnado irá enchendo os pétalos con poemas, frases ou debuxos alegóricos a Rosalía, dando renda sola á súa creatividade. Os colaxes resultantes serán expostos en cada colexio o día 23 de febreiro.
Os centros escolares tamén repartirán, para o seu uso nos comedores, manteis conmemorativos doados pola Deputación de Pontevedra. Baixo o título "Caldo de Gloria", os manteis lembran o poema "Miña casiña, meu lar" da obra "Follas Novas". Ademáis, figurará unha lenda explicativa sobre o mesmo e que da sentido a unha das súas partes: Fixen un caldo de gloria / que me soupo que la mar, fixen un bolo de pote / que era cousa de envidiar.
Así mesmo e por segundo ano, en Redondela se manterá a iniciativa Agasalla un libro e unha flor, posta en marcha o pasado ano polo Servizo de Normalización Lingüística, dependente da Concellería que dirixe a alcaldesa Digna Rivas, facéndose eco dunha proposta da Asociación de Escritores/as en Lingua Galega (AELG).
A alcaldesa de Redondela, Digna Rivas, lembraba que esta proposta "que tivo o pasado ano un notable éxito de participación da veciñanza, contribúe non só a dinamizar a dous sectores comerciais de Redondela como as florerías e as librerías senón tamén para lembrar unha data significativa non só para as letras galegas, senón para a propia Galicia xa que a figura de Rosalía va máis aló do plano puramente cultural, para converterse nun símbolo da propia identidade de Galicia como pobo".
"As veces podemos perder de vista a importancia de Rosalía no contexto da literatura a nivel nacional e esquecémonos que, nese contexto e xunto con Gustavo Adolfo Bécquer, Rosalía é considerada como a precursora da poesía moderna española, se a iso engadimos que foi exemplo na defensa de Galicia, da nosa lingua e da loita pola igualdade de xénero e a xustiza social, podemos facernos a idea da verdadeira dimensión da figura de Rosalía de Castro", engade a rexedora.
Una ruta nocturna por las calles del conjunto histórico de Tui llega con misterio, sorpresas y muchos sustos
Los vecinos de Vigo se han encontrado estos días con una propuesta de ocio que amenaza con brillar más que las luces. de Navidad ¡Es esta!
Una exposición de calacús, túnel del terror para todas las edades y música para celebrar un terrorífico Samaín en Porriño
Llega el tiempo de comer cocido y A Cañiza ya pone fecha para disfrutar de este plato típico de la gastronomía gallega en estos ocho locales
La UVigo abre este sábado su programa de rutas culturales con una andaina por algunas de las playas más importantes del norte de Portugal
Puedes encontrarnos en nuestras redes sociales o, si lo prefieres, ponerte en contacto con nosotros a través de contacto@metropolitano.gal
Saber todo lo que ocurre en Vigo y su área metropolitana es ahora más sencillo, rápido y directo gracias al nuevo servicio de alertas de WhatsApp de Metropolitano.gal
© Hansei Media SL