“Un programa variado que recupera, logo de moito tempo, o seu tradicional espírito de celebración na rúa e no que as actividades para nenos e nenas, que sufriron especialmente as restricións da pandemia, teñen un especial protagonismo”. Asi definiu a alcaldesa de Redondela, Digna Rivas, a programación para o Entroido 2022 elaborada pola Concellería de Cultura que xestiona Iria Vilaboa.
A programación, que tal e como apuntaba a alcaldesa recupera actividades emblemáticas do Entroido redondelán como o Desfile-concurso de Comparsas ou as queimas do Meco en Redondela e o Berete en Chapela, comezará o sábado 26 de febreiro do Entroido Infantil e Xuvenil que terá a Alameda Castelao como lugar de desenvolvemento das súas actividades. De 17 h a 19 horas terán lugar diversos obradoiros infantís con temáticas que xirarán entorno ao entroido para, ao fío das 18:30 horas, ter lugar o concerto As que máis molan de 'A Gramola Gominola'.
O domingo, 27 de febreiro, as comparsas volverán a encher de ledicia, ironía, música e cores as rúas de Redondela. Ás 17 horas concentraranse no Campo da Feira. A esa mesma hora e para ir 'quentando motores' a Asociación de Percusionistas e Tamborileiros 'Aperta' encargarase da animación polas rúas. As 18 horas será un dos momentos máis esperados do entroido, coa saída do Desfile-concurso de Comparsas, dende o Campo da Feira ata Vilavella. Xa ás 20:30 horas, terá lugar a entrega de premios ás comparsas gañadoras na Praza do Concello.
O martes 1 de marzo, Martes de Entroido, de 17 h a 18:30 horas os nenos e nenas volverán a ser protagonistas cunha actividade especialmente pensada para o público máis cativo como é o pasarrúas infantil Psycodelia a cargo de 'Troula Animación' e que percorrerá as súas Alfonso XII, Ribeira e Xeneral Rubín.
Entre as 17 h e as 18.30 horas terá lugar o concurso de disfraces individual e colectivo. A inscrición poderá realizarse nos soportais da Casa do Concello dende as 16 horas. Unha vez rematado o concurso, arredor das 18.45 horas, terá lugar a entrega dos premios.
A xornada rematará cos pasarrúas e o espectáculo da Queima do Meco a cargo dos Festicultores que arrincará ás 19 horas dende a Praza de Ribadavia.
Pola súa banda, Chapela recupera o seu entroido e o celebrará o sábado 5 de marzo. As 17 horas as comparsas participantes concentraranse no Alto da Encarnación. Ao igual que acontecera antes en Redondela, a Asociación de Percusionistas e Tamborileiros 'Aperta' será a encargada de animar as rúas para, ás 18 horas partir a triste comitiva do Enterro do Berete dende o Alto da Encarnación ata a Praia de Arealonga onde, cara ás 20.30 horas terá lugar a súa queima e o espectáculo de Festicultores que poñerá fin ao entroido 2022. A alcaldesa Digna Rivas lembrou que, pese a recuperar os actos na rúa, “todas e cada unha das actividades contarán coas medidas de seguridade sanitaria que aínda segue impoñendo a pandemia da Covid”.
Una ruta nocturna por las calles del conjunto histórico de Tui llega con misterio, sorpresas y muchos sustos
Los vecinos de Vigo se han encontrado estos días con una propuesta de ocio que amenaza con brillar más que las luces. de Navidad ¡Es esta!
Una exposición de calacús, túnel del terror para todas las edades y música para celebrar un terrorífico Samaín en Porriño
Llega el tiempo de comer cocido y A Cañiza ya pone fecha para disfrutar de este plato típico de la gastronomía gallega en estos ocho locales
La UVigo abre este sábado su programa de rutas culturales con una andaina por algunas de las playas más importantes del norte de Portugal
Puedes encontrarnos en nuestras redes sociales o, si lo prefieres, ponerte en contacto con nosotros a través de contacto@metropolitano.gal
Saber todo lo que ocurre en Vigo y su área metropolitana es ahora más sencillo, rápido y directo gracias al nuevo servicio de alertas de WhatsApp de Metropolitano.gal
© Hansei Media SL