Chegou no medio dun frío que obrigaba a bailar para quecer o corpo, pero o Venres de Foliada de Tomiño chegou onte como cada ano para inaugurar o entroido metropolitano.
O primeiro desfile da nosa contorno abriuse co estrondo das espectaculares treboadas do Baixo Miño. Tras elas, vinte agrupación foron desfilando polas rúas do centro urbano do municipio baixomiñoto baixo a atenta mirada de centos de persoas. O Entroido 2018 é xa unha realidade.
Agrupacións de Ponteareas, Mos, Salceda de Caselas, Vigo, Gondomar, Tui, Nigrán, Marín e até Pontevedra presentaban as creacións artísticas despois de meses de duro traballo. Tamén as locais, moi aplaudidas, como Revolución Show, Asociación Comparsa Luces de Tomiño, Comparsa Estrelas da Noite, Asociación Cultural Ciklón e Festa do Árbol enchían as rúas de cor, música e baile.
Ao longo de tres horas de desfile as temáticas tocaron case todos os temas posibles, dende o mundo animal e da selva até os contos clásicos como Brancaneves, pasando polo xogo e os casinos de Las Vegas e o universo de artistas como Vincent van Gogh. En total, máis de 1.500 persoas que puxeron o mellor de si mesmas para arrancar unha das festas tradicionais máis importantes de Galicia.
Co “Venres de Foliada” quedou xa inaugurado o Entroido 2018 que agora continuará os seus pasos este mesmo sábado nos diferentes concellos da nosa contorna, con especial atención ao desfile de carrozas e comparsas de Vigo. Dará comezo ás 18:00 horas. O resto de programación de todos e cada un dos concellos da área de Vigo pódela consultar nesta ligazón.
O enfrontamento de Entroido entre os barrios de A Feira e Castro Barreiro, en Salceda, encheu de festa rachada, sarcasmo e moita retranca o remate dunha semana de festas.
Unha xoubiña para un entroido da rapazada. Na cita, habitual nas festas de Moaña, milleiros de persoas encheron as rúas rendendo tributo a un peixe que, como cada ano, acabará no mar. https://youtu.be/vEAJDH87rt4 O Enterro da Xoubiña arrancou este ano en torno as 17:30 horas no peirao do Con e...
El Entroido se prolonga este año. Si bien es cierto que en la mayoría de municipios los actos se circunscriben a las fechas que van desde el sábado de Entroido al martes, todavía queda mucha fiesta por delante
A cita arrancará ás 17.00 horas coa actuación musical de sete pandereteiras do grupo infantil - xuvenil, unha serie de xogos populares e, como non, chulas e filloas.
La UVigo abre este sábado su programa de rutas culturales con una andaina por algunas de las playas más importantes del norte de Portugal
No Events
Puedes encontrarnos en nuestras redes sociales o, si lo prefieres, ponerte en contacto con nosotros a través de contacto@metropolitano.gal
Saber todo lo que ocurre en Vigo y su área metropolitana es ahora más sencillo, rápido y directo gracias al nuevo servicio de alertas de WhatsApp de Metropolitano.gal
© Hansei Media SL