“Hai que crer no que aprende, ese é o éxito do que ensina”. Así de contundente amosouse o docente, escritor e investigador especializado en Educación e Matemática, José Antonio Fernández Bravo, na inauguración este luns no auditorio de Goián da VII Semana da Educación de Tomiño, que nesta nova edición volveu á presencialidade baixo o lema ‘TransFORMANDO a sociedade, educando na diversidade’. “É un momento moi emocionante porque significa que imos superando nada máis e nada menos que unha pandemia mundial, porque agardamos volver á normalidade e porque ciencia e coñecemento fixeron unha vez máis que avanzáramos”, salientou a alcaldesa de Tomiño, Sandra González, antes de dar paso a “un conferenciante de excepción, o profesor de matemáticas que todo neno e nena desexaría ter pola súa forma de achegar a materia a través do humor, da diversión, con agarimo... porque como el di, para ensinar matemáticas o primeiro que hai que facer é facer sorrir”.
Premio de Metodoloxía Creativa, autor de máis dun cento de libros sobre Educación e aprendizaxe da matemática e director de proxectos europeos Leonardo de Investigación e Innovación, Fernández Bravo explicou ao público que encheu o auditorio que “a escola non é unha cuestión de espazo, senón de tempos”. “Unha cousa é superar contidos e outra obter coñecemento. É moi importante ensinar dende o cerebro do que aprende. Hoxe xa non se trata de que os nenos e nenas aprendan como nós ensinamos, do que hoxe se trata é que nós sexamos capaces de ensinar como eles e elas aprenden. É tan sinxelo como contar coa outra persoa e para iso temos varias estratexias, como escoitar as experiencias do que aprende. E para escoitar debemos crer en el ou en ela”, explicou.
Durante a xornada, Fernández Bravo animou ao público a reflexionar sobre a importancia de desatar ligaduras e superar costumes de dubidoso acerto na ensinanza porque “como é posible a atención á diversidade sen unha diversidade de atención?”. “Durante toda a educación confundimos as necesidades da persoa que aprende cos desexos da persoa que ensina. Pero a pregunta non é que teñen que memorizar, senón que precisan recordar”, recalcou ao tempo que lamentaba que actualmente “confundimos o procedemento co obxectivo”. “Os obxectivos non soen cambiar, pero si os procedementos e non telo en conta é un erro”, explicou.
A Semana da Educación continúa este martes 8 de febreiro (19:00 h) coa charla de Maitane Alonso Monasterio, investigadora, co-fundadora de Innovating Alimentary Machines, estudante de medicina e membro do Ranking dos 120 Future Leaders iberoamericanos de LlyC. Con moitos premios ás súas costas, Alonso Monasterio abordará a importancia de pasar da curiosidade á realidade pasando pola educación. Na súa charla ‘1+1≠2’ tratará de responder a que facer cando temos una idea que consideramos que pode ter potencial para crear un impacto positivo na sociedade.
Una ruta nocturna por las calles del conjunto histórico de Tui llega con misterio, sorpresas y muchos sustos
Los vecinos de Vigo se han encontrado estos días con una propuesta de ocio que amenaza con brillar más que las luces. de Navidad ¡Es esta!
Una exposición de calacús, túnel del terror para todas las edades y música para celebrar un terrorífico Samaín en Porriño
Llega el tiempo de comer cocido y A Cañiza ya pone fecha para disfrutar de este plato típico de la gastronomía gallega en estos ocho locales
La UVigo abre este sábado su programa de rutas culturales con una andaina por algunas de las playas más importantes del norte de Portugal
No Events
Puedes encontrarnos en nuestras redes sociales o, si lo prefieres, ponerte en contacto con nosotros a través de contacto@metropolitano.gal
Saber todo lo que ocurre en Vigo y su área metropolitana es ahora más sencillo, rápido y directo gracias al nuevo servicio de alertas de WhatsApp de Metropolitano.gal
© Hansei Media SL