O Concello de Salceda de Caselas, a través da Concellería de Cultura que dirixe Álex Rodríguez, ven de publicar as bases para participar no XXIII Desfile de Comparsas e Carrozas do Entroido 2022, que se vai celebrar o domingo 27 de febreiro de 2022. Durante a semana do 7 ao 13 de febreiro as comparsas e agrupacións de Salceda poderán realizar a súa inscrición, e dende o 14 ao 20 de febreiro as comparsas de calquera concello poderán formalizar a inscrición, que será obrigatoriamente pola sede electrónica do Concello.
Nun ano no que a pandemia aínda non rematou, as bases recollen xa diferentes supostos nos que se podería adiar a celebración. No caso de que a incidencia de casos se sitúe en cifras altas nos días previos ao desfile, dende a Concellería de Cultura que dirixe Alex Rodríguez, se contempla a posibilidade de adiar a celebración ata que as condicións sexan máis favorables, tendo sempre como data límite o 3 de abril de 2022.
Logo da cancelación do 2021, este ano volve o desfile con algunhas modificacións respecto ás edicións anteriores. Por unha banda, o percorrido vese modificado na súa parte final, evitando que os colectivos entren na Praza do Concello como en diferentes anos. Por outra, este ano non se celebrará o concurso de coplas ao final do desfile, como si se viña facendo en edicións anteriores.
As agrupacións deberán estar formadas por un mínimo de 15 compoñentes, e poderán presentarse con ou sen carroza, establecéndose diferentes categorías en ámbolos dous casos. Todas as comparsas admitidas recibirán unha compensación económica pola súa participación, que varía entre os 150 e os 900 euros en función do número de compoñentes. Ademais da dotación económica, establécese un xamón como premio para diversas categorías. Toda a información e as bases do concurso poden consultarse a través da páxina web do Concello (premer aquí) ou no taboleiro de anuncios do mesmo Concello e as redes oficiais.
En Salceda, o Entroido é unha das súas festas máis importantes, para o que se prepara xa unha ampla programación que será presentada ao completo uns días antes das festas. A programación municipal completará o xa tradicional enfrontamento entre Castro Barreiro e A Feira, que hai xa máis de 130 anos se ven celebrando, e para o que os barrios levan xa tempo traballando arreo no máis estrito segredismo.
Alex Rodríguez Canosa, concelleiro de Cultura, destaca que "o Entroido é sen dúbida a nosa cita cultural máis importante, unha festa que a veciñanza vive con paixón, cando menos dende hai 130 anos. Este ano será máis importante aínda, logo da cancelación do 2021, nunha festa na que as protagonistas son as asociacións e comparsas que protagonizan os actos, e cos que xa traballamos man a man para que o Entroido 2022 sexa un éxito”.
Una ruta nocturna por las calles del conjunto histórico de Tui llega con misterio, sorpresas y muchos sustos
Los vecinos de Vigo se han encontrado estos días con una propuesta de ocio que amenaza con brillar más que las luces. de Navidad ¡Es esta!
Una exposición de calacús, túnel del terror para todas las edades y música para celebrar un terrorífico Samaín en Porriño
Llega el tiempo de comer cocido y A Cañiza ya pone fecha para disfrutar de este plato típico de la gastronomía gallega en estos ocho locales
La UVigo abre este sábado su programa de rutas culturales con una andaina por algunas de las playas más importantes del norte de Portugal
No Events
Puedes encontrarnos en nuestras redes sociales o, si lo prefieres, ponerte en contacto con nosotros a través de contacto@metropolitano.gal
Saber todo lo que ocurre en Vigo y su área metropolitana es ahora más sencillo, rápido y directo gracias al nuevo servicio de alertas de WhatsApp de Metropolitano.gal
© Hansei Media SL