Quen dixo que a letra escrita e a que viaxa a través dos vídeos debe estar enfrontada e condenada a non entenderse? Na fusión e na combinación de diferentes áreas nace a maxia e dende o Festival de Cans sábeno. Por isto, o festival organizado pola Asociación Arela impulsará neste 2018 un concurso de booktrailers e booktubers para estimular a lectura en galego e a creación audiovisual.
Que é iso de booktubers? O concurso busca que os participantes recomenden lecturas ou outros traballos ao redor da animación da lectura por medio de pequenos vídeos. Deste xeito, os interesados soamente deben gravarse no formato habitual dos youtubers en pezas de menos de tres minutos nas que recomenden un libro, sen destripar, iso si, a súa trama.
E o de booktrailer? Un booktrailer non é outra cousa que adaptar a linguaxe e a expectación que acostuma crear o mundo audiovisual á literatura. Deste xeito, trátase de elaborar un tráiler, converter en imaxes a palabra escrita, para convencer a outros da lectura dun libro concreto.
A iniciativa, bautizada como “Ollo de vidro” e que celebra a súa terceira edición, converterase nun concurso aberto á participación no que un xurado específico escollerá unha selección de finalistas, que serán proxectados en Cans. Durante o festival celebrarase esta gran final, na que se desvelarán os gañadores. O primeiro premio estará dotado con 400 euros, o segundo con 250 euros e o terceiro premio cunha estancia en Cans con noite de hotel e entradas para asistir ao concurso de curtametraxes. Todos os premios teñen tamén dotacións en lotes de libros e esculturas e placas conmemorativas.
Enmárcase dentro dunha iniciativa da canle de youtube Recoméndoche un libro, impulsada en anos anteriores por varias institucións de Vigo como a Biblioteca Neira Vilas, O IES Castelao e a Escola Oficial de Idiomas, ademais da Asociación de Veciños de O Calvario, entidade patrocinadora do evento. Este ano incorpóranse tamén como promotoras do proxecto dúas institucións moi activas de O Porriño, como a Biblioteca Pública e o IES Pino Manso, aínda que a participación estará aberta a todas as persoas que o desexen de calquera punto de Galicia.
O prazo de inscrición está aberto ata o 23 de abril e as bases da convocatoria e o concurso poden seguirse en www.recomendocheunlibro.com
El Gran Vía de Vigo premiará con tarjetas regalo a los que adivinen el precio de los "outfits" expuestos en la Planta 0 del centro comercial
Un nuevo enfoque es lo que busca este año el centro comercial A Laxe de Vigo con su segunda edición de Objetivo A Laxe
El bingo de Vialia Vigo, que se celebrará el 30 de junio, domingo de apertura, permitirá a los clientes ganar importantes premios
Un concurso de la UVigo para encontrar a los mejores youtubers científicos de su personal investigador
La UVigo abre este sábado su programa de rutas culturales con una andaina por algunas de las playas más importantes del norte de Portugal
No Events
Puedes encontrarnos en nuestras redes sociales o, si lo prefieres, ponerte en contacto con nosotros a través de contacto@metropolitano.gal
Saber todo lo que ocurre en Vigo y su área metropolitana es ahora más sencillo, rápido y directo gracias al nuevo servicio de alertas de WhatsApp de Metropolitano.gal
© Hansei Media SL