A finais do pasado mes de decembro a organización do Festival de Cans anunciaba que a edición de 2022 se celebrará en primavera, concretamente entre o 18 e o 21 de maio, coincidindo co Festival de Cannes francés, como xa é tradición. A XIX edición do festival de curtametraxes do Porriño vén de abrir o prazo de inscrición para concursar no certame. Aquelas persoas que estean interesadas en enviar as súas pezas poderán facelo ata o domingo 6 de marzo de 2022 ás 23:59 horas.
A obras que se poderán inscribir na XIX edición do Festival de Cans serán curtametraxes, videoclips, webseries, documentais e filmes de ficción e animación, realizados entre os anos 2021 e 2022. As obras inscritas en prazo, pasarán primeiro o filtro do comité de selección das mesmas, e posteriormente as pezas finalistas serán xulgadas por cada un dos tres xurados específicos que terá o certame, ademais do xa clásico xurado das veciñas e veciños. Na selección primarán aquelas obras que sexas estreas e os traballos que non logren entrar na competición oficial serán valorados polo comité de selección para integrar algunhas das varias sección paralelas que terá o certame.
As sección coas que conta o Festival de Cans este ano son: curtametraxe de ficción, curtametraxe de animación, curtametraxe de non ficción (sección Furacáns), novas camadas, videoclip e outras obras. Ademais, por primeira vez na súa historia, os premios superarán os 100.000 euros, destinados a recompensar as curtas premiadas nas diversas categorías do concurso. En total serán 10.100 euros, aumentando as dotación nas categorías Furacáns, obras de non ficción, e Novas Camadas, creadoras e creadores que teñan 25 euros ou menos e que naceran de 1997 en diante.
Desta maneira, as principais dotacións estarán destinadas á categoría de ficción, cuxo gañador recibirá 2.000 euros, e as de animación, Furacáns e premio do público dotadas cada unha delas con 1.500 euros. Ademais do correspondente Can de Pedra, e o emblemático trofeo de Cans deseñado polo artesán canteiro Paco Candán.
O pasado ano un total de 102 obras foron proxectadas nos diferentes espazos do festival, ó longo dos catro días de duración do mesmo. Segundo a organización as seccións Furacans e Novas Camadas foron as que máis medraron nas dúas últimas edicións e o festival quere, deste xeito, seguir potenciando estas categorías. Coa dotación deste ano o certame quere "facer un esforzo económico e manifestar o compromiso coas creadoras e creadores, do mesmo xeito que nas últimas edición de 2020 e 2021".
O Festival de Cans lembra que "todos os que accedan a participar deberán cumprir coas habituais condicións das bases". Ademais, tamén se terá que respectar unha cláusula pioneira nos festivais de cinema, a cláusula de violencia de xénero. "A organización resérvase o dereito de excluir da competición a curtametraxes cuxos responsables fosen condenados por calquera delito tipificado como violencia de xénero", explican dende o festival.
Reivindican a "excelsa calidade" da obra de Ledicia Costas, "unha das máis lidas e premiadas do panorama literario galego
Josefa, que actuó con artistas como Manu Chao, Cristina Pato o Susana Seivane, fue una de las líderes del movimiento musical y cultural 'Bravú
Concibió a su hija como un proyecto para crear a la mujer del futuro, Hildegart, quien fue niña prodigio de la República
La cita busca consagrase como el mayor festival de cine de Vigo y uno de los pocos eventos dedicados al séptimo arte que existen en la ciudad
La UVigo abre este sábado su programa de rutas culturales con una andaina por algunas de las playas más importantes del norte de Portugal
No Events
Puedes encontrarnos en nuestras redes sociales o, si lo prefieres, ponerte en contacto con nosotros a través de contacto@metropolitano.gal
Saber todo lo que ocurre en Vigo y su área metropolitana es ahora más sencillo, rápido y directo gracias al nuevo servicio de alertas de WhatsApp de Metropolitano.gal
© Hansei Media SL