Cun novo récord de adopcións, o 2021 finalizou como o mellor ano da historia do Centro de Acollida e Protección de Animais (CAAN). Con números máis altos con respecto ás cifras de adopción de 2020 (583), o ano pasado o CAAN conseguiu que 660 animais atoparan un novo fogar, superando, desta maneira, o reto marcado de 600 adopcións . Para este ano, 2022 a cifra a alcanzar son 700 adopcións, das que xa se lograron 14.
Das 660 adopcións do ano 2021, unha foi en Portugal e o resto en España. A maioría foron en Galicia (574), seguida por Castela e León (54) e o resto repartíronse entre Madrid (13), Cataluña (5), País Vasco (5), Castela a Mancha (2), Asturias (2), Comunidade Valenciana (2), Estremadura (1) e Canarias (1). Das tramitadas en Galicia, 502 adopcións foron na provincia de Pontevedra, 36 na Coruña, 25 en Lugo e 11 en Ourense. O concello con máis adopcións foi Vigo (90), seguido de Pontevedra (52) e A Estrada (38), mentres que tamén destacaron Poio (26), Meis (25), Sanxenxo (24) ou Cambados (23).
Segundo o CAAN o reto inicial de chegar aos 600 cans e cadelas adoptados logrouse en novembro con "Col", que viaxou ao seu novo fogar en Ribadumia. Ademáis, o ano pasado tamén logrouse dar saída aos animais de maior idade: "Macarena", de oito anos, unha mastín que chegara de Pontecesures; "Pitu", de dez anos, que chegara de Catoira; "Adia", unha pastor alemá de nove anos que viñera das Neves e "Paradita", de oito anos, mestiza recollida en Meaño. Na actualidade, o can que leva máis tempo no centro é "Posto", un cruce de pitbull de tres anos que está desde o 2018 no centro, tras ser recollido en Redondela, e para o que se volveu facer un chamamento para a súa adopción.
Tamén se notou unha importante reducción da estancia dos animais no centro antes de ser adoptados. No 2021 foi dunha media de 69,6 días fronte aos 123,8 días do 2020 (un 43,7% menos). "Os excepionais datos de adopcións son froito de moitas claves", explicou o xefe do CAAN, Jose Luis Pedreira, mentres engadía que "todos os cans saen do centro vacinados, identificados, desparasitados e esterilizados de forma gratuíta incluso moitos deles o fan con recondución do seu carácter. E intentamos que o can que se leve se adapte ás necesidades de cada persoa".
"Estamos indo polo camiño que hai que ir, modernizando as instalacións, facendo que teñan instrumental veterinario de altísima calidade, dixitalizado, moderno, facendo que os animais estean cada vez mellor tratados e hai que destacar o excelente traballo que fai o persoal, que vai moito máis alá do que é a súa profesión”, asegura a presidenta da Deputación de Ponteveda, Carmela Silva.
Pola contra, as recollidas tamén aumentaron con respecto ao 2020 cun total de 1.210 animais, un 5,7 máis que o ano anterior. Delas, a metade pode clasificarse como abandonos, xa que 608 foron recuperados polos seus propietarios. En relación a isto, Jose Luis Pereirá quixo facer fincapé en que a metade dos animais recuperados carecía de chip. "Todos os cans e cadelas a estas alturas deberían estar identificados, porque conseguiríamos que o abandono fose menor", explicou.
Fronte a esta situación, dende a institución estánse poñendo en marcha campañas de concienciación e sensibilización, a última delas “EduCAANdo”, lanzada a finais do pasado ano dirixida especialmente a escolares de Primaria dos centros da provincia e que ten como peza central o libro “Benvida á casa, Onza”, do que xa se solicitaron máis de 1.500 os exemplares para o uso deste relato como material didáctico nas aulas.
Ademáis, Carmela Silva apuntou que a nova normativa estatal sobre protección animal establece unha serie de garantías para as mascotas. “Aquelo no que nós críamos e que estabamos poñendo en marcha agora está recollido nunha lei estatal que estou segura que vai conseguir ter mellores datos, sobre todo o que ten que ver cos abandonos e o benestar animal”, sinalou.
Los operarios apuran la instalación de los elementos que forman el idílico mercado la Navidad de Vigo, el Cíes Market
Ningún secreto se guarda mejor en Vigo que la fecha del encendido de las luces de Navidad. ¿Cuándo será?
Caballero anuncia que ya comenzó la tramitación urbanística de un ámbito que incluirá zonas verdes y una plaza pública
¿Tienes un negocio en Vigo y te apasiona la Navidad? Puedes participar en este concurso para sorprender a tus clientes y llevarte un gran premio
La UVigo abre este sábado su programa de rutas culturales con una andaina por algunas de las playas más importantes del norte de Portugal
No Events
Puedes encontrarnos en nuestras redes sociales o, si lo prefieres, ponerte en contacto con nosotros a través de contacto@metropolitano.gal
Saber todo lo que ocurre en Vigo y su área metropolitana es ahora más sencillo, rápido y directo gracias al nuevo servicio de alertas de WhatsApp de Metropolitano.gal
© Hansei Media SL