Forman parte da mesma parroquia e soamente os separa un pequeno regato, o da Ameixoa, pero os barrios de A Feira e Castro Barreiro cumpren 130 anos de “loita” por ter o mellor Entroido da comarca. De aquí en sete días, o luns, 12 de febreiro, e o martes, día 13, a veciñanza de ambos barrios volverán enfrontarse como levan facendo un século.
"Todo comezou cando menos no 1888, ano en que un veciño da Feira lle pedía aos seus familiares emigrados no Brasil ideas e diñeiro para afrontar o entroido”, explica a concelleira de Cultura salcedense, Tere Pérez. Esa é a primeira data documentada da celebración dunha tradición única na nosa contorna.
Os dous barrios preparan durante meses esta cita no máis absoluto segredo. Nada pode transcender. Nin a temática das carrozas, nin os disfraces nin tan sequera a música de verbena que soará. Nada que lle permita ao rival adiantarse e mellorar a oferta. A implicación da veciñanza é total e todos colaboran, dun ou outro xeito, en manter vivo este enfrontamento. Nin tan sequera o Franquismo puido con eles. Coa prohibición da ditadura os veciños continuaron coa súa troula, coplas e regueifas chamando a este entroido “festas de primavera” ou mesmo do santo que coincidira coas datas. Imaxinación nunca lles faltou.
A rivalidade fai que a espionaxe estea á orde do día e incluso se trate de “vacilar” aos rivais con altofalantes e innumerables argalladas. O luns de Entroido celebran a sñua festa por separado, aínda que a proximidade fai que unha continua procesión de xente camiñe dun a outro barrio para comprobar cal organizou mellor verbena.
Será o martes cando se poña fin ao Entroido co desfile de comparsas. As formacións de A Feira e Castro Barreiro desfilarán polas rúas do centro urbano dende ás 17:00 horas. Ás 19:00 horas terá lugar o tradicional enfrontamento no cruceiro de Fonte da Pedra e á noitiña toda rivalidade quedará pechada coa verbena en ámbolos dous barrios.
“Salceda prepárase para acoller unha vez máis a milleiros de visitantes” en palabras do seu alcalde Marcos Besada. O seu entroido irá dende o venres, 9 de febreiro, ata o martes, día 13, con citas para tódolos públicos para tódolos gustos.
A programación comezará o venres cos centros escolares do municipio. Así, cóntase coa participación das escolas infantís A Galiña Azul e Xoaniña, o CRA Raíña Aragonta, o CEP Altamira e o IES Pedras Rubias, que como cada ano amosarán o seu enorme traballo e creatividade en máis de 1.300 nenos e nenas.
O domingo, día grande a nivel municipal, terá lugar o XX Desfile de Carrozas e Comparsas, de novo con máis de 1300 participantes repartidos en 11 agrupacións chegadas de Salceda, O Porriño, Tui, Vigo e Gondomar. As comparsas recibirán pola súa participación axudas que van dende os 200 ata os 700 €, en función do número de compoñentes de cada agrupación.
Ademais de participar no desfile, as agrupacións subiranse tamén ao escenario para recitar as súas coplas. O desfile de carrozas arrancará ás 16:30 horas e as coplas ás 18:00 horas. O domingo tamén haberá tempo para a verbena co grupo “Fama” dende ás 20:30 horas.
Los operarios apuran la instalación de los elementos que forman el idílico mercado la Navidad de Vigo, el Cíes Market
Ningún secreto se guarda mejor en Vigo que la fecha del encendido de las luces de Navidad. ¿Cuándo será?
Caballero anuncia que ya comenzó la tramitación urbanística de un ámbito que incluirá zonas verdes y una plaza pública
¿Tienes un negocio en Vigo y te apasiona la Navidad? Puedes participar en este concurso para sorprender a tus clientes y llevarte un gran premio
La UVigo abre este sábado su programa de rutas culturales con una andaina por algunas de las playas más importantes del norte de Portugal
No Events
Puedes encontrarnos en nuestras redes sociales o, si lo prefieres, ponerte en contacto con nosotros a través de contacto@metropolitano.gal
Saber todo lo que ocurre en Vigo y su área metropolitana es ahora más sencillo, rápido y directo gracias al nuevo servicio de alertas de WhatsApp de Metropolitano.gal
© Hansei Media SL