A Sala Rosalía da sede da Deputación en Vigo tinguirase de cor e reivindicación feminista coa mostra pictórica “Expresiomixta”, que o artista Raúl Velloso amosará neste espazo a partir do día 12 de xaneiro e ata o 27 de febreiro. A inauguración desta exposición, a primeira deste novo ano 2022, terá lugar o mércores 12 ás 19:00 horas, e contará coa actuación en vivo do dúo de percusión formado por Noelia Leite e Marcela Porto.
A mostra reúne unha trintena de obras coas que o artista Raúl Velloso, (Cangas, 1965), quere reivindicar o papel da muller galega, alén da muller no mundo, e ao mesmo tempo involucrarse máis “na loita que os homes debemos levar a cabo ao seu carón, para mentalizar á sociedade de que un mundo en igualdade será un mundo máis xusto para todas e todos”. Este creador representa á muller lonxe dos estereotipos na historia da arte nos que se obxectualiza, enxalzando o seu físico e relegándoa a roles particulares secundarios. Fronte a esa imaxe, Velloso reflicte á muller “forte, poderosa, intelixente, resolutiva e igual de capaz, nin menos nin máis que ningún home”, e inspírase na muller galega, “esa muller do mar e do campo que sacou adiante á familia sen ver recoñecido o seu labor profesional e o seu papel esencial da unidade familiar”.
De formación autodidacta, o artista descubriu a súa vocación nos anos 90 cando residía en Barcelona e foi descuberto por Antoni Tàpies, que durante anos lle ensinou na súa propia casa as técnicas de pigmentos, texturas e da cor que Velloso ten convertido no seu estilo característico. Na súa obra, o artista semella contemplar a realidade como a través dun espello deformador, que expande os volumes, ondula as liñas e caricaturiza a realidade. Ten exposto nas feiras de arte máis prestixiosas do mundo, como a Art Basel Miami, Art Basel Switzerland ou Arco en Madrid, amais de en prestixiosas galerías de Barcelona, Madrid, Chicago, Kyoto, Berlín, Xénova ou Londres, alén de Galicia.
Na apertura do día 12 actuarán Noelia Leite e Marcela Porto, dúas intérpretes de percusión novas pero xa recoñecidas da provincia de Pontevedra. Noelia Leite, de Moaña, combina a súa faceta formativa en percusión coa interpretación e a dirección coral, e forma parte do grupo Abmiram Quartet (semifinalista no programa Got Talent) desde 2018. Ten colaborado tamén con diversas bandas de música e orquestras, e forma parte da Orquestra Clásica de Vigo e do grupo de cámara da súa sección de percusión. Pola súa banda, Marcela Porto, da Estrada, é percusionista e batería do grupo A Banda da Loba, co que está a finalizar o cuarto traballo discográfico. Comezou a estudar percusión da man de agrupacións tradicionais e tras finalizar a súa formación no Conservatorio Profesional do Concello da Estrada, completou estudos no Conservatorio Superior Eduardo Martínes Torner en Oviedo. Compaxinou a súa formación musical co Grado en Logopedia, e combina na actualidade ambos eidos na súa labor de rehabilitación con pacientes con parálise cerebral.
Una ruta nocturna por las calles del conjunto histórico de Tui llega con misterio, sorpresas y muchos sustos
Los vecinos de Vigo se han encontrado estos días con una propuesta de ocio que amenaza con brillar más que las luces. de Navidad ¡Es esta!
Una exposición de calacús, túnel del terror para todas las edades y música para celebrar un terrorífico Samaín en Porriño
Llega el tiempo de comer cocido y A Cañiza ya pone fecha para disfrutar de este plato típico de la gastronomía gallega en estos ocho locales
La UVigo abre este sábado su programa de rutas culturales con una andaina por algunas de las playas más importantes del norte de Portugal
No Events
Puedes encontrarnos en nuestras redes sociales o, si lo prefieres, ponerte en contacto con nosotros a través de contacto@metropolitano.gal
Saber todo lo que ocurre en Vigo y su área metropolitana es ahora más sencillo, rápido y directo gracias al nuevo servicio de alertas de WhatsApp de Metropolitano.gal
© Hansei Media SL