Os centros de ensino da provincia volverán a contar en 2022 cos calendarios competenciais ideados pola mestra e pedagoga Teresa Domínguez. Os almanaques, editados desde fai seis anos pola Deputación de Pontevedra, foron presentados esta mañá en Vigo no IES República Oriental de Uruguai, centro que acolleu esta iniciativa cos brazos abertos e que incluso a vai a aplicar nas actividades que se propoñan nas súas titorías. No acto, ao que asistiron máis dun centenar de alumnas e alumnos da ESO, participaron a presidenta da Deputación, Carmela Silva, o alcalde de Vigo, Abel Caballero, e a propia Teresa Domínguez, amais da profesora do centro, Mercedes Martín, quen colaborou na realización dos calendarios, e do director do IES, Pablo José Martínez.
“Estes calendarios son instrumentos que axudan ás nenas e nenos a converterse en persoas con pensamento crítico ao perseguir que aprendamos en todas as contornas nos que nos desenvolvemos, con todas as experiencias que vivimos, e que o fagamos como colectividade, en familia, ao lado das mestres e mestres e das amizades”, explicou Carmela Silva. A presidenta incidiu no compromiso coa igualdade dos almanaques: “se o ano pasado estiveron dedicados ás mestras e este ano ás sanitarias, o ano que vén será a quenda das mulleres do cinema, grandes mulleres da provincia de particularmente de Vigo que están conquerindo grandes éxitos e están nomeadas aos grandes premios pero cuxos nomes, rostros e todo o traballo que están a facer son descoñecidos pola sociedade”.
Os calendarios homenaxean ás mulleres do audiovisual cunha ilustración na súa parte traseira na que pode verse a mulleres facendo tarefas propias deste sector e cada un dos meses está dedicado a unha directora, produtora, actriz... En concreto, as elixidas son Noemí Chantada (Vigo), Beli Martínez (A Guarda), Paula Cons (Vilagarcía), Belén Sousa (Tui), Xisela Franco (Vigo), Mariana Carballal (Ourense – Vigo), Pilar Comesaña (Montevideo, Vigo e actualmente Santiago), Anxos Fazáns (Pontevedra), Sonia Méndez (Vigo), Eire García (Nigrán), María Ruiz-Falcó (Lugo/Bueu) e Sara García (Valencia/Tui). Neles tamén se inclúen propostas audiovisuais e literarias para todos os públicos e diferenciadas segundo a franxa de idade á que está dedicada cada un.
Carmela Silva anunciou que os calendarios xa están a ser “un gran éxito” posto que xa hai solicitados máis de 8.000 exemplares para centros de educación infantil, primaria e secundaria e, comentou, “xa daremos algún paso máis”. A presidenta defendeu a educación pública que “educa dunha forma integral, con valores. É o ascensor social que facilita a igualdade de oportunidades, conceptos que transmite o IES República Oriental de Uruguai nada máis entrar pola súa porta”.
Para o alcalde de Vigo os calendarios competenciais son unha “aposta pola igualdade, pola actividade cultural e profesional”. “O que estades estudiando agora vaivos acompañar toda a vosa vida”, deixou claro Abel Caballero na súa intervención, que tamén comentou ao alumnado que, aínda que agora o vexan lonxe, algún momento “ídesvos a encargar de levar adiante esta cidade, Galicia... ides a ser dirixentes, profesionais, líderes e ides a lembrarvos destes anos toda a vida”.
A creadora dos almanaques, Teresa Domínguez, agradeceu á Deputación o seu apoio a esta iniciativa que naceu “para dar resposta ás necesidades que tiñan as familias de infantil e ao que posteriormente se foron engadindo propostas para primaria e secundaria”. Dirixiuse ao alumnado para explicarlles que “a finalidade última deste calendario é transmitir aprendizaxes para a vida, aprendizaxes de vida e aprendizaxes con vida” ademais, os almanaques pretenden lograr que o alumnado de hoxe “poidades ser persoas responsables, con pensamento crítico e capacidade para discernir”. A que podemos considerar nai dos calendarios quixo deixarlles claro tamén que “tendes o dereito de que as persoas do eido da educación busquen estratexias divertidas e interesantes para que poidades desenvolvervos máis e mellor” e lembrou que os contidos dos calendarios integran tamén os ODS de xeito transversal.
Mercedes Martín, a profesora do IES que colaborou na realización dos calendarios, resaltou que “contribúen a desenvolver microproxectos diarios que se vos formulan así como actividades significativas, o que quere dicir que o que aprendedes aquí -no IES- é útil”. A profesora lembrou ao alumnado que “pasades moitas horas aprendendo no centro e isto non ten que ir a parar a saco roto. Estas microtarefas van a facer que espremades os coñecementos que ides absorbendo e lle atopedes utilidade”.
La Xunta de Galicia anunció que de esta forma la mitad de la comunidad pasará a tener algún tipo de protección
Fiscalía y acusación particular mantienen que la madre actuó "a escondidas", "unilateralmente", para apartar al niño del progenitor
El detenido había cambiado su aspecto físico y se hacía llamar por otro nombre. Se fugó en 2016 tras una importante operación contra el narcotráfico en Pontevedra
La Real Academia Galega premió a un colegio de Cangas, el CEIP de Espiñeira-Aldán de Cangas, por su trabajo sobre Luisa Villalta
La UVigo abre este sábado su programa de rutas culturales con una andaina por algunas de las playas más importantes del norte de Portugal
No Events
Puedes encontrarnos en nuestras redes sociales o, si lo prefieres, ponerte en contacto con nosotros a través de contacto@metropolitano.gal
Saber todo lo que ocurre en Vigo y su área metropolitana es ahora más sencillo, rápido y directo gracias al nuevo servicio de alertas de WhatsApp de Metropolitano.gal
© Hansei Media SL