A programación de Nadal do Concello de Salceda de Caselas contará con máis de 20 actividades dende o sábado 18 de decembro coordinadas pola Concellería de Cultura que dirixe Alex Rodríguez Canosa, orientadas a todos os públicos, aínda que con especial atención ao público infantil.
Convertido xa en referencia do Nadal na contorna, Salceda repite de novo co Pequeno Circo de Nadal como "prato forte". Este ano, o festival desenvolverase en catro xornadas, do 27 ao 30 de decembro, e contará con novidades respecto ás edicións pasadas. Por unha banda, apóstase pola diversificación, incluíndo actividades en horario de mañá e tarde. Por outra banda, o grande protagonismo correrá a cargo de propostas en feminino, como o espectáculo de Lydia Botana ou os contacontos de Érica González, armadanzas dos Contos do Titiribaile. Coas habituais medidas anti Covid, pero sen perder un ápice de toda a maxia, a cor, a ilusión e a enerxía que caracteriza estas datas, e que fai, por uns días, que os habitantes máis baixiños de Salceda sexan os auténticos e auténticas protagonistas.
Logo dun ano no que se tiveron que cancelar citas ineludibles do calendario, este ano voltan con forza varias das actividades que caracterizan o Nadal de Salceda. Deste xeito, a Banda Cultural de Salceda voltará a deleitar ao público co seu concerto de Nadal, e a San Silvestre Solidaria cumprirá a súa décima edición percorrendo as rúas do centro da vila chea de cor e ledicia. Outra das citas que regresan será o III Encontro de Ranchos Tradicionais, que xuntará na Praza do Concello a cinco agrupacións tradicionais, resaltando a importancia que ten para Salceda a recuperación destes elementos do noso patrimonio inmaterial.
Tamén o comercio local participa nestas datas coa participación no concurso de escaparates organizado dende o Concello e coas Badaladas de Noitevella, organizadas por Acisa e polo propio Concello, e que contarán con actuacións musicais e as típicas uvas da sorte, nun acto presentado pola peña Jolgorrio. A programación complétase tamén cun Obradoiro de Casas de Xenxibre, que fará as delicias dos máis pequenos e pequenas, e con dúas citas do motor; a papanoelada moteira e a Concentración de Vehículos Clásicos Franceses.
O Concelleiro de Cultura quixo este martes mencionar, na presentación da programación, o alumeado de Nadal, deseñado en conxunto coa Asociación de Comerciantes, que aposta por cores cálidas, e que un ano máis, foi instalado por unha empresa local. “O Nadal é xa un referente en Salceda e dende o Concello continuamos apostando por unha cultura segura, nunha programación moi ambiciosa para un concello do noso tamaño", expresou Rodríguez.
Galicia, que se prepara para disfrutar de una experiencia del mundo de Harry Potter, cuenta con dos tiendas especializadas en el mundo mágico
Una escapada al norte de Portugal realmente cerca de Vigo. Si buscas una excursión diferente, apúntate este curioso alojamiento
Galicia se impone a Gales, Eslovenia o Japón en este premio internacional. Este es el "road trip" que conquista el mundo entero
Si estás buscando escapadas en Galicia, apúntate este pazo que ha sido declarado BIC y ha logrado este año el Travellers' Choice de TripAdvisor
La UVigo abre este sábado su programa de rutas culturales con una andaina por algunas de las playas más importantes del norte de Portugal
No Events
Puedes encontrarnos en nuestras redes sociales o, si lo prefieres, ponerte en contacto con nosotros a través de contacto@metropolitano.gal
Saber todo lo que ocurre en Vigo y su área metropolitana es ahora más sencillo, rápido y directo gracias al nuevo servicio de alertas de WhatsApp de Metropolitano.gal
© Hansei Media SL