O libro De gaiteiro a gaiteiro, no que estuda e transcribe o repertorio de Ricardo Portela, e o documental Por que o trap contén ritmo de muiñeira? Músicas de moda, universais e de noso serviron como puntos de partida do coloquio que o gaiteiro Carlos Núñez protagonizou na tarde deste luns na sede da Vicerreitoría. Baixo o título de De Ricardo Portela ao trap, o músico buscou pór en relación a tradición musical galega co presente, nunha conversa aberta á que se foron sumando varios das e os asistentes a esta actividade, promovida coa colaboración da Vicerreitoría.
Presentado polo vicerreitor do campus, Jorge Soto, o faladoiro contou nese senso coas intervencións de Gonzalo, o neto de Ricardo Portela; de Chico, un dos integrantes do dúo Boyanka Kostova; da profesora da Facultade de Filoloxía e Tradución da UVigo Rosalía Rodríguez Vázquez, unha das participantes no documental, e do tamén gaiteiro e responsable da Aula de Música Tradicional do campus, Suso Baamonde.
Enmarcado no paso por Pontevedra da xira de celebración do 25 aniversario do primeiro disco de Núñez, A Irmandade das Estrelas, este coloquio permitiu por unha banda afondar no libro editado en 2020 polo Consello da Cultura Galega, coincidindo co centenario do nacemento de Portela. Resultado da encomenda que o músico de Viascón trasladou a Núñez pouco antes de morrer, De gaiteiro a gaiteiro recolle, ademais de información biográfica, unha análise pormenorizada das claves do seu estilo e técnica interpretativa, así como as transcricións do seu repertorio, conformado por pezas tradicionais. Pezas que foron empregadas nos últimos anos por formacións como Boyanka Kostova, que recreou a muiñeira de Cabana, ao igual que Verto fixo o propio coa de Chantada, como lembrou Núñez nun faladoiro que conectou a tradición musical galega con estilos como o trap. Con ese obxectivo, o músico falou tamén do documental que realizou ao abeiro do Fondo de proxectos culturais en lingua galega Xacobeo 2021-2022, da Xunta de Galicia e no que entrevista a musicólogos, lingüistas e outra serie de artistas que están a conectar as músicas tradicionais coas urbanas. Alén destes traballos, o coloquio foi máis aló dos temas propostos para reflexionar tamén sobre cuestións como as danzas de espadas de Marín ou sobre a teoría do Colón galego.
La UVigo abre este sábado su programa de rutas culturales con una andaina por algunas de las playas más importantes del norte de Portugal
No Events
Puedes encontrarnos en nuestras redes sociales o, si lo prefieres, ponerte en contacto con nosotros a través de contacto@metropolitano.gal
Saber todo lo que ocurre en Vigo y su área metropolitana es ahora más sencillo, rápido y directo gracias al nuevo servicio de alertas de WhatsApp de Metropolitano.gal
© Hansei Media SL