Pese a ser un dos sectores máis maltratados pola crise derivada da pandemia da Covid-19, o comercio de Chapela vén de dar un paso ao fronte para axudar ás familias que peor o están pasando na parroquia. Un total de 91 establecementos, de todos os sectores, sumáronse sen dubidalo a unha iniciativa solidaria que permitirá que o Nadal chegue a todos e todas.
Cada establecemento puxo o seu gran de area para facer unha enorme cesta de Nadal – exposta en Mar Confort de Chapela – que veciñas e veciños terán a oportunidade de gañar a través da compra de rifas ao prezo case que simbólico de 50 céntimos. A recadación que se consiga coa venda destas rifas irá destinada, na súa integridade, a unha asociación sen ánimo de lucro local que distribuirá ese diñeiro en forma en vales compra para alimentos nun supermercado. A cesta solidaria a gañará a persoa que teña unha rifa co número que coincida coas catro últimas cifras do 1º premio do Sorteo de Nadal do 22 de decembro da Lotería Nacional.
A alcaldesa de Redondela, Digna Rivas, visitou aos comerciantes de Chapela para agradecerlles o que cualificou de "extraordinaria mostra de solidariedade", salientou a importancia dunha iniciativa que "axudará as veciñas e veciños máis necesitados e que permitirá que o Nadal tamén chegue as súas casas". Tivo palabras de agradecemento para Yoli, Andrea, Isa, Yolanda e Esther "empresarias, todas elas, que foron quen de poñer en marcha unha iniciativa que fala moito da súa forma de ser e da súa calidade humana".
Ademáis, fixo fincapé no "exemplo" que da esta iniciativa "que parte dun dos sectores, xunto coa hostalaría, máis duramente golpeados pola crise derivada da pandemia da Covid-19, que tiveron que pechar as portas dos seus establecementos, que precisaron de reinventarse para sobrevivir e agora, lembrándose deses momentos, tenden a man ás familias que máis o necesitan". "Chapela ten un comercio para estar orgullosos e orgullosas", concluíu Digna Rivas.
El Gran Vía de Vigo premiará con tarjetas regalo a los que adivinen el precio de los "outfits" expuestos en la Planta 0 del centro comercial
Un nuevo enfoque es lo que busca este año el centro comercial A Laxe de Vigo con su segunda edición de Objetivo A Laxe
El bingo de Vialia Vigo, que se celebrará el 30 de junio, domingo de apertura, permitirá a los clientes ganar importantes premios
Un concurso de la UVigo para encontrar a los mejores youtubers científicos de su personal investigador
La UVigo abre este sábado su programa de rutas culturales con una andaina por algunas de las playas más importantes del norte de Portugal
Puedes encontrarnos en nuestras redes sociales o, si lo prefieres, ponerte en contacto con nosotros a través de contacto@metropolitano.gal
Saber todo lo que ocurre en Vigo y su área metropolitana es ahora más sencillo, rápido y directo gracias al nuevo servicio de alertas de WhatsApp de Metropolitano.gal
© Hansei Media SL