A conselleira de Infraestruturas e Mobilidade, Ethel Vázquez, anunciou hoxe a licitación das obras de eliminación dun treito de concentración de accidentes na estrada PO-551 en Coiro e Tirán, nos concellos de Cangas e Moaña, que suporán un investimento global da Xunta de 1,1 millóns de euros, tendo en conta o pagamento das expropiacións e os servizos necesarios para a execución dos traballos.
Vázquez Mourelle presentou hoxe esta nova actuación de reforzo da seguridade viaria nesta estrada autonómica, no treito de 1,9 km entre a saída da travesía de Cangas, na zona da glorieta do Gordo, e a intersección de acceso ao colexio de Tirán, xa en Moaña. Esta intervención enmárcase na Estratexia para a eliminación dos treitos de concentración de accidentes nas estradas de titularidade autonómica que está a desenvolver a Xunta cun investimento de máis de 15 millóns de euros.
Trátase dunha actuación integral e moi demandada que favorecerá os desprazamentos diarios dos veciños e que se licita hoxe por importe de 922.000 euros. As empresas interesadas teñen de prazo ata o 10 de xaneiro para presentar as súas ofertas.
Tamén en xaneiro, os días 12, 13 e 14, están convocados os propietarios dos 46 predios necesarios para a execución das obras, para o levantamento das actas de ocupación. O obxectivo da Xunta é iniciar os traballos na primavera, en torno ao mes de abril, e telos rematados ese mesmo ano, en 2022, xa que teñen un prazo de execución des seis meses.
A titular de Infraestruturas e Mobilidade explicou que as obras proxectadas neste treito da PO-551 permitirán ampliar a estrada e actuar en cinco interseccións para incrementar a seguridade, mellorando as beirarrúas en tres treitos e as paradas de autobús para facilitar os desprazamentos a pé e facer máis cómoda á espera do transporte público. Ademais, ordenaranse os aparcadoiros e melloraranse os pasos de peóns, dotando tres con equipamento intelixente.
En Cangas, na parroquia de Coiro, executarase unha nova beirarrúa de dous metros de ancho na marxe dereita da estrada, para dar continuidade á que xa hai na saída do núcleo e enlazar coa actual da rotonda do Gordo. Ademais, habilitarase outro treito de beirarrúa pola marxe esquerda noutro punto e mellorarase unha intersección, a do cruzamento de Santo Domingo, coa execución de cuñas de entrada e saída, a dotación de beirarrúas e a disposición de paradas de autobús en ambos os dous sentidos.
En Moaña a actuación na PO-551, ao seu paso pola parroquia de Tirán, comprende a execución dunha nova glorieta xunto ao Lidl, de 28 metros de diámetro, con dous carrís de catro metros e o acondicionamento da súa contorna: instalaranse pasos de peóns intelixentes, dotados con detectores de presenza, trasladaranse as paradas de autobús e renovarase a ampliarase a beirarrúa esquerda.
Tamén se actuará noutras dúas interseccións: na do cruzamento de Castroviejo, coa disposición de cuñas para a incorporación e saída da estrada; e modificarase a existente na marxe esquerda, para garantir maior seguridade nas manobras e favorecer o acceso á parada de bus. No treito situado entre os puntos 22+880-22+920 ampliarase a sección da marxe dereita para ter unha parada, beirarrúa e zona para os contedores de lixo.
Entre as actuacións nesta contorna, atópase a mellora da intersección de acceso ao CEIP de Tirán, coa que se atende as achegas presentadas ao proxecto inicial: ampliaranse as dimensións do cambio de sentido, habilitarase un carril de espera e melloraranse as condicións de seguridade dos peóns, dispoñendo beirarrúas para mellora a seguridade do itinerario peonil escolar, de dous metros de ancho en ambas as dúas marxes.
Segundo salientou a conselleira, “a Xunta atendeu boa parte das propostas dos veciños a este proxecto, sempre tendo como premisa última a mellora da seguridade viaria na PO-551”, principalmente en Tirán, adaptándoo na medida do posible á recuperación do Camiño Real.
Los operarios apuran la instalación de los elementos que forman el idílico mercado la Navidad de Vigo, el Cíes Market
Ningún secreto se guarda mejor en Vigo que la fecha del encendido de las luces de Navidad. ¿Cuándo será?
Caballero anuncia que ya comenzó la tramitación urbanística de un ámbito que incluirá zonas verdes y una plaza pública
¿Tienes un negocio en Vigo y te apasiona la Navidad? Puedes participar en este concurso para sorprender a tus clientes y llevarte un gran premio
La UVigo abre este sábado su programa de rutas culturales con una andaina por algunas de las playas más importantes del norte de Portugal
No Events
Puedes encontrarnos en nuestras redes sociales o, si lo prefieres, ponerte en contacto con nosotros a través de contacto@metropolitano.gal
Saber todo lo que ocurre en Vigo y su área metropolitana es ahora más sencillo, rápido y directo gracias al nuevo servicio de alertas de WhatsApp de Metropolitano.gal
© Hansei Media SL