Carlos Nuñez ofrecerá o faladorio "De Ricardo Portela ao Trap" o vindeiro luns na sede da Vicerreitoría do campus. Aproveitando o paso por Pontevedra da xira de celebración do 25 aniversario do seu primeiro disco, "A Irmandade das Estrelas", a Casa das Campás acollerá ás 19:30 horas do luns 13 de decembro un coloquio protagonizado polo gaiteiro vigués, con entrada libre ata completar aforo.
Entre outras cosas, falará do libro "De gaiteiro a gaiteiro", que o Consello da Cultura Galega publicou co gallo do centenario do nacemento do gaiteiro Ricardo Portela. Esta publicación recolle, ademais de información biográfica sobre o gaiteiro de Viascón, a análise pormenorizada que Núñez realizou das claves do seu estilo e técnica interpretativa, así como as transcricións do seu repertorio, conformado por pezas tradicionais, dando como resultado un extenso corpus de máis de 40 obras, entre as que se atopan todas as melodías emblemáticas da gaita galega.
Ademáis, outro dos focos do coloquio será o documental "Por que o trap contén ritmo de muiñeira? Musicas de moda, universais e do noso" que o artista realizou ao abeiro do Fondo de proxectos culturais en lingua galega Xacobeo 2021-2022, da Xunta de Galicia. Nesta publicación audiovisual o gaiteiro estuda a relación entre a muiñeira e o trap, con entrevistas a musicólogos e lingüistas como a profesora da Universidade de Vigo Rosalía Rodríguez Vázquez. Tamén participan nesta producción unha serie de artistas que están a conectar as músicas tradicionais galegas coas urbanas, como Tanxugueiras ou Boyanka Kostova. Este dúo, lembran desde a organización, “recreou a muiñeira de Cabana, ao igual que Verto fixo o propio coa de Chantada”, dúas pezas presentes no repertorio de Ricardo Portela e recollidas no libro que constitúe o segundo eixo deste coloquio con Núñez, quen, por outra banda, musicaba recentemente unha muiñeira do poeta Uxío Novoneira coa colaboración de músicos como C Tangana, Danni Ble, Royce Rolo e Iaghost.
La UVigo abre este sábado su programa de rutas culturales con una andaina por algunas de las playas más importantes del norte de Portugal
No Events
Puedes encontrarnos en nuestras redes sociales o, si lo prefieres, ponerte en contacto con nosotros a través de contacto@metropolitano.gal
Saber todo lo que ocurre en Vigo y su área metropolitana es ahora más sencillo, rápido y directo gracias al nuevo servicio de alertas de WhatsApp de Metropolitano.gal
© Hansei Media SL