O Mar de Vigo tamén acollerá espectáculos pensados para os máis pequenos. Ademáis da programación especial de Nadal que deu comezo o pasado 21 de novembro, e que conta con espectáculos como "El Cascanueces" o "El Gran concierto de Año Nuevo", o Auditorio Mar de Vigo lanza una programación familiar dirixida a un público infantil con obras de teatro, espectáculos de maxia e musicais durante os meses de decembro de xaneiro.
A primeira cita desta programación infantil de Nadal será co mago cómico Jandro, que chega a Vigo o domingo 12 de decembro ás 18:30 horas para sorprender ao público con novos números. Coñecido por gañar catro veces consecutivas o premio máis prestixioso de maxia, o "Fool Us Trophy" en Las Vegas, e polas súas aparicións no programa televisivo "El Hormiguero", o mago trae á cidade o seu novo espectáculo "Descabellado", un show orixinal, moderno e sorprendente.
A seguinte actuación estará a cargo do grupo Pica-pica o 23 de decembro ás 17:00 horas celebrando o seu décimo aniversario. Este espectáculo xa está levantando unha gran expectación e vai camiño de esgotar as entradas en poucos días. Cun carácter orixinal, fresco e divertido, o grupo, baixo o título "10 Años de Pica Pica", presentará temas novos e tamén interpretará os seus grandes éxitos. Tralo seu debut, o grupo leva 10 anos de xira ininterrompida polo noso país e Latinoamérica, con escala en USA e Marrocos. Durante estes anos publicaron varios discos e romperon moldes en Youtube, con máis de 9.000.000 de subscritores e máis de 6.000.000.000 de visualizacións na súa canle (Pica Pica Oficial). Sen dúbida, os youtubers infantís do momento.
Dous días despois, o 26 de decemebro, será o turno de "María Fumaça" ás 18:30 horas. Unha exitosa proposta, coa cantante Uxía ó fronte nun xeito de celebrar a alegría de vivir e a diversidade. Un proxecto que non só busca a diversión e a festa, senón que se move na procura dun mundo sen barreiras físicas e mentais, onde as discapacidades sexan unha das moitas diferenzas que enriquecen a vida. E nesta ocasión, chegan con máis flow e rock rebelde, presentando o disco "O veleiro verde", co que apenas puideron facer actuacións debido á irrupción da pandemia.
O gran espectáculo do Nadal no Mar de Vigo será o musical "Antoine", baseado na traxectoria do creador de "El Principito", que trae a fermosa historia xamais contada de Antoine de Saint-Exupéry. Un espectáculo de gran formato, que levou o Premio Max ó mellor espectáculo revelación. Unha obra escrita e dirixida por Ignasi Vidal, coas interpretacións de Javier Godino, Víctor Arbelo ou Beatriz Ros e coa banda sonora de "Elefantes", que narra a historia dun home que vía o mundo cos ollos dun neno. O musical ofrecerá dúas sesións os días 29 e 30 de decembro.
O venres 7 de xaneiro ás 19:30 a maxia volve ao Mar de Vigo como colofón da programación infantil de Nadal con Pedro Volta, quen acertará predicións imposibles cos espectadores: maxia ultra moderna e emocionante inspirada en series e películas como "La Casa de Papel", "Regreso al futuro", ou "Mandalorian". Todo iso, acompañado cunha gran pantalla para non perder detalle da súa maxia.
O programa completo xa está dispoñible na páxina web do Auditorio Mar de Vigo e as entradas poden adquirirse na web Teu Ticket. Co ampliación do crédito do Bono Cultura da Xunta de Galicia, está a aumentar o ritmo de venda de entradas con descontos de ata un 50% que se poden adquirir de maneira presencial no Mar de Vigo de luns a venres de 18:00 a 20:00 horas.
Una ruta nocturna por las calles del conjunto histórico de Tui llega con misterio, sorpresas y muchos sustos
Los vecinos de Vigo se han encontrado estos días con una propuesta de ocio que amenaza con brillar más que las luces. de Navidad ¡Es esta!
Una exposición de calacús, túnel del terror para todas las edades y música para celebrar un terrorífico Samaín en Porriño
Llega el tiempo de comer cocido y A Cañiza ya pone fecha para disfrutar de este plato típico de la gastronomía gallega en estos ocho locales
La UVigo abre este sábado su programa de rutas culturales con una andaina por algunas de las playas más importantes del norte de Portugal
No Events
Puedes encontrarnos en nuestras redes sociales o, si lo prefieres, ponerte en contacto con nosotros a través de contacto@metropolitano.gal
Saber todo lo que ocurre en Vigo y su área metropolitana es ahora más sencillo, rápido y directo gracias al nuevo servicio de alertas de WhatsApp de Metropolitano.gal
© Hansei Media SL