A noite deste venres, 26 de xaneiro, viviuse entre folclore, emoción e festa en Tui. Ninguén quixo faltar ao recoñecemento que o Concello rendeu a Antón Corral, figura clave para entender o progreso da música tradicional galega. A resposta foi un éxito. Tanto de público, que encheu o aforo de 550 persoas do Teatro Municipal, coma de cartel, cunha gala na que destacaba a presenza de artistas de renome internacional como Carlos Núñez, Anxo Lorenzo ou Anxo Pintos.
A velada comezaba case con puntualidade británica. 20:30 horas. Os membros de Xarabal de Vigo abrían o concerto dedicado ao seu "pai", ao home que fundou este colectivo alá polo ano 1984. Segundo pasaban as pezas, o espectáculo "acelerábase" e a emoción desbordaba o patio de butacas, tamén o escenario. Diferentes músicos collían o micrófono para agradecer a Corral a súa influencia na música galega, unha traxectoria e un traballo que permitiu aos galegos e galegas gozar da música folclórica e axudar a artistas como Carlos Núñez, Anxo Lorenzo ou Anxo Pintos a seren recoñecidos a nivel mundial.
Precisamente, estes tres artistas foros os outros grandes protagonistas da noite. Anxo Pintos foi o primeiro en actuar. Fíxoo en solitario coa súa zanfona. O artista vigués interpretaba "Limóns" como unha particular homenaxe ao seu mestre.
O espectáculo chegaba ao seu ecuador. Ramón Corral, neto de Antón, aproveitaba a súa intervención non só para destacar a figura do seu avó, senón para lembrar a Isaura, a súa dona, "que xa non está", pero que foi moi importante na vida do homenaxeado. Ramón deu paso ás actuacións das bandas tudenses Arume de Malvas, Lembranzas da Terra de Guillarei e Santa Columba de Ribadelouro.
Un dos grandes momentos da noite estaba a piques de acontecer e levantar ao público. Chegou Anxo Loreno, acompañado doutro alumno de Corral coma Xosé Liz, interpretando tres temas. Foi o preludio do gran desenlace. Subía entón ao escenario Carlos Núñez, que unía á súa música coa do propio Antón Corral.
As máis de 500 persoas que encheron o Teatro Municipal de Tui poñíanse en pé para seguir as indicacións dun Carlos Núñez que fixo de mestre de cerimonias. O folclore galego reuníase na capital do Baixo Miño. O que foi concibido e organizado coma unha homenaxe a Antón Corral, remataba coma un recoñecemento á importancia da música tradicional galega.
O final foi apoteótico. Baile e música galega uníanse e conquistaban a un público que superou os cinco minutos de ovación aos máis de 120 músicos que honraron a Antón Corral nunha cita difícil de esquecer entre os presentes.
Corral, na actualidade retirado na cidade fronteiriza que agora acolle o seu homenaxe, deixou unha pegada única na historia musical de Galicia e no eido da experimentación instrumental da música tradicional Galega.
O mestre artesán chegou ao mundo da música case por casualidade. “Na miña familia non había músicos nin artesáns. Aprendín o meu oficio de maneira totalmente autodidacta porque me gustaba facer palletas e frautas”, asegura esta figura sobranceira da nosa cultura musical. Porén, tras diversos problemas de saúde, decidiu abrir un obradoiro na súa casa. Dende entón, a sua zona non fixo máis que aumentar.
Paralelamente, en 1984 nace baixo a súa dirección, a banda de gaitas Xarabal, coma unha actividade máis do “Obradoiro Escola de Instrumentos Musicais Populares Galegos” da Universidade Popular de Vigo, coa intención, non só de potenciar e expandir a música popular galega, senón de realizar un traballo serio sobre a técnica de gaita e percusión, procurando forxar futuros profesionais que coñeceran e dominasen o instrumento.
Los operarios apuran la instalación de los elementos que forman el idílico mercado la Navidad de Vigo, el Cíes Market
Ningún secreto se guarda mejor en Vigo que la fecha del encendido de las luces de Navidad. ¿Cuándo será?
Caballero anuncia que ya comenzó la tramitación urbanística de un ámbito que incluirá zonas verdes y una plaza pública
¿Tienes un negocio en Vigo y te apasiona la Navidad? Puedes participar en este concurso para sorprender a tus clientes y llevarte un gran premio
La UVigo abre este sábado su programa de rutas culturales con una andaina por algunas de las playas más importantes del norte de Portugal
No Events
Puedes encontrarnos en nuestras redes sociales o, si lo prefieres, ponerte en contacto con nosotros a través de contacto@metropolitano.gal
Saber todo lo que ocurre en Vigo y su área metropolitana es ahora más sencillo, rápido y directo gracias al nuevo servicio de alertas de WhatsApp de Metropolitano.gal
© Hansei Media SL