O Concello de Salceda de Caselas ven de recibir o galardón que outorga o certame Vilas en Flor 2021, conseguindo aumentar a distinción ao subir de dúas a tres flores de honra na súa segunda participación, avalando o traballo continuo que ven desenvolvendo o Concello na mellora e potenciación dos espazos verdes urbanos, a súa xestión sostible, a educación ambiental e a concienciación cidadá co coidado da contorna. O diploma foi recibido na gala anual, que este ano se celebrou no patio da Fábrica de Curtidos “Familia Nogueiras” de Allariz.
No pasado mes de setembro, o xurado visitou o municipio acompañado por Lucía Pereira, Concelleira de Turismo; Loli Castiñeira, Tenente de Alcaldesa e Verónica Tourón, Alcaldesa de Salceda. O xurado, formado por persoas profesionais de recoñecido prestixio dos sectores do viveirismo, a xardinería, o paisaxismo e o turismo valorou moi positivamente o traballo desenvolto nos últimos anos polo Concello de Salceda, en aspectos como as humanizacións, a creación e mantemento das sendas fluviais e outros espazos verdes, ou a creación de máis de vinte aparcadoiros disuasorios no casco urbano, que permiten unha maior seguridade peonil, ademais de facilitar o estacionamento e a fluidez do tráfico rodado. Outro dos recoñecementos do xurado foi a aposta e instalación de elementos novedosos para a mellora da biodiversidade como o hotel de insectos.
Logo da recepción da distinción, o Equipo de Goberno de Salceda quixo recoñecer e agradecer o traballo dos distintos departamentos municipais e empresas de mantemento que fan posible que o Concello sexa xa un referente. Dende o persoal de vías e obras, desbroces, recollida de lixo, limpeza de rúas, etc, así como as tarefas de mantemento de parques e xardíns que realiza ACEESCA nunha proposta de integración laboral de persoas con discapacidade. Ademais fíxose extensible este agradecemento ao persoal técnico de urbanismo, clave para o bo desenvolvemento urbano e rural de Salceda.
O certame sigue o modelo existente noutras comunidades autónomas como Cataluña, Aragón, Canarias e Valencia, a semellanza de proxectos implantados xa en países como Reino Unido, Irlanda, Francia, Italia ou Canadá. “Vilas en Flor” é un certame impulsado pola Fundación Juana de Vega e que este ano celebrou a súa cuarta edición, coa participación de trinta concellos galegos. Na súa organización, participan tamén a Asociación de Viveiristas do Noroeste (Asvinor) e a Asociación Galega de Empresas de Xardinería (Agaexar). Conta co apoio da Consellería de Medio Ambiente da Xunta de Galicia, e o patrocinio de diferentes entidades privadas.
Este proxecto persigue a mellora ambiental, social e económica dos concellos galegos, así como a dinamización do sector do paisaxismo e a ornamentación, contribuíndo así ao desenvolvemento económico local, xerando máis actividade económica derivada do propio sector da planta ornamental e da xardinería así como dun previsible aumento das visitas turísticas.
A Concelleira de Turismo, Lucía Pereira quixo resaltar a importancia de que Salceda sexa un dos poucos Concellos que aumenta a distinción, ao pasar de dúas a tres flores de honra. “Este galardón é unha mostra máis do bo traballo en equipo que se ven desenvolvendo nos últimos anos, nunha aposta clara pola recuperación de espazos urbanos e naturais para as persoas. Espazos amables co medio ambiente e coa biodiversidade seguindo un modelo claro de futuro”
Verónica Tourón, Alcaldesa de Salceda: “O coidado dos espazos verdes urbanos é un atractivo máis para visitar Salceda. Este recoñecemento é ao traballo de moita xente todos os días e de dedicar recursos para ter unha vila fermosa. O mérito é para todo o equipo co que traballamos, traballadores/as dos diferentes departamentos e empresas, e o premio é para a nosa Vila, para Salceda "
El Gran Vía de Vigo premiará con tarjetas regalo a los que adivinen el precio de los "outfits" expuestos en la Planta 0 del centro comercial
Un nuevo enfoque es lo que busca este año el centro comercial A Laxe de Vigo con su segunda edición de Objetivo A Laxe
El bingo de Vialia Vigo, que se celebrará el 30 de junio, domingo de apertura, permitirá a los clientes ganar importantes premios
Un concurso de la UVigo para encontrar a los mejores youtubers científicos de su personal investigador
La UVigo abre este sábado su programa de rutas culturales con una andaina por algunas de las playas más importantes del norte de Portugal
No Events
Puedes encontrarnos en nuestras redes sociales o, si lo prefieres, ponerte en contacto con nosotros a través de contacto@metropolitano.gal
Saber todo lo que ocurre en Vigo y su área metropolitana es ahora más sencillo, rápido y directo gracias al nuevo servicio de alertas de WhatsApp de Metropolitano.gal
© Hansei Media SL