A UVigo será unha das primeiras universidades a nivel mundial en empregar a realidade virtual para reducir a ansiedade e o estrés no alumnado universitario. O obxectivo é mellorar o estudantado nas aulas, sobre todo ante os exames ou a presentación de traballos, a través da creación dos denominados "lugares de descanso" no que as alumnas e os alumnos poidan relaxarse nunha contorna virtual.
"O deseño parte de espazos con tres postos de actividade con realidade virtual equipados con sistemas de mobilidade, imaxe e audio que permitan que a experiencia sensorial sexa completamente inmersiva, o que lles facilitará abstraerse do mundo que os rodea", explica Íñigo Cuiñas, profesor da Escola de Enxeñaría de Telecomunicación.
A iniciativa enmarcase no proxecto europeo VRxanny e está financiada polo programa Erasmus+ con 300.000 euros, liderado pola Universidade Politécnica de Lodz en Polonia e do que tamén forman parte a Universidade de Lodz e a Tartu Ulikool, o centro de ensino superior máis antigo de Estonia.
As actividades, que se prolongarán ata 2023, arrancaron esta semana coa reunión de lanzamento e, a partir de agora, levarase a cabo o deseño da aplicación de realidade virtual, a adquisición do equipamento para os tres postos que se crearán en cada universidade participante, as probas reais con estudantes e as diferentes actividades de difusión da iniciativa.
A UVigo participa en todos os módulos do proxecto. Colaborará coa Politécnica de Lodz no desenvolvemento da aplicación de realidade virtual para reducir o estrés, coordina as tarefas de empatía cos estudantes, baseadas en Design Thinking, para o deseño dos espazos de descanso, e participará co resto do consorcio nas probas da aplicación en situacións reais e en todas as actividades que se organicen, principalmente dirixidas aos estudantes.
"Ademais, teremos unha boa responsabilidade na documentación e na difusión dos resultados, a nivel científico e pedagóxico, pero tamén a nivel social”, explica o investigador vigués, quen leva varios meses vivindo en Lodz realizando unha estadía co grupo da Politécnica participante en VRxanny. En canto aos participantes, o grupo de traballo da UVigo está formado por once persoas. "É un equipo multidisciplinar, aínda que con máis peso por parte da Escola de Enxeñaría de Telecomunicación e do centro de investigación atlanTTic", salienta Cuiñas.
O foco do proxecto está posto en axudar aos estudantes que o pasan mal ante os exames, as probas prácticas ou as presentacións de traballos, que lles xeran inquietude e estrés, aínda que non ata niveis patolóxicos, pois nese caso xa se falaría de persoas diagnosticadas e controladas con supervisión de especialistas por situacións graves de ansiedade ou estrés.
A previsión é deseñar para eses estudantes, “que non xestionan de todo ben os seus picos de traballo ou estrés”, toda unha serie de exercicios ou actividades a desenvolver nun mundo virtual que lles poidan axudar a relaxarse ante este tipo de situacións.
La UVigo abre este sábado su programa de rutas culturales con una andaina por algunas de las playas más importantes del norte de Portugal
No Events
Puedes encontrarnos en nuestras redes sociales o, si lo prefieres, ponerte en contacto con nosotros a través de contacto@metropolitano.gal
Saber todo lo que ocurre en Vigo y su área metropolitana es ahora más sencillo, rápido y directo gracias al nuevo servicio de alertas de WhatsApp de Metropolitano.gal
© Hansei Media SL