O cineclub Poleiro, en Tomiño, está de aniversario e quere celebrar os seus 20 anos de vida cun novo ciclo de cine con catro filmes que se proxectarán entre febreiro e maio. “Quixemos aproveitar o noso aniversario para facer unha rebaixa para todos aqueles que desfrutan acudindo a ver as películas que propoñemos”, asegura o membro do cineclub Ramón Álvarez.
O abono para ver as 4 películas ten un custe de 5€ e poderán retirarse directamente no Auditorio de Goián momentos antes da proxección dos filmes ou poñéndose en contacto directamente co cineclub. Para os membros de Poleiro, chegar a estes 20 anos de vida e seguir propoñendo cine á poboación de Tomiño “é todo un éxito”.
Con este ciclo, o cineclub pretende facerlle unha chiscadela ao mundo da literatura con obras narrativas na que os seus protagonistas están ligados dun xeito ou outro ao mundo das letras.
O ciclo arrancará o vindeiro 1 de febreiro (21.30 horas no auditorio de Goián) coa proxección do filme ‘Ciudadano ilustre’, unha comedia dramática dirixida por Gastón Duprat e Mariano Cohn que lle valeu a Copa Volpi ao mellor actor ao seu protagonista, Óscar Martínez. A película conta a historia de Daniel Mantovani, un escritor arxentino que vive en Europa dende hai máis de tres décadas e consagrado mundialmente tras gañar o premio Nobel de literatura que regresa ao pequeno pobo no que naceu, Salas, onde lle van a conceder a medalla de Cidadán Ilustre.
A viaxe terá múltiples arestas: será o regreso triunfal ao pobo que o viu nacer, unha viaxe ao pasado na que se reencontrará con vellos amigos, amores e paisaxes de xuventude, pero sobre todo será unha viaxe ao corazón mesmo da súa literatura, á fonte das súas creacións e inspiración. O escritor irá constatando as insalvables diferenzas que o transformarán nun elemento estraño para a vida do pobo ao tempo que a calidez da cidadanía vai desaparecendo a medida que as controversias se multiplican.
O xoves, 1 de marzo, o cineclub Poleiro continúa o ciclo coa proxección do drama biográfico da poetisa estadounidense Emily Dickinson,‘Historia dunha paixón’, un dos traballos máis intensos do director Terence Davis. A película conta a vida da poeta, dende a súa infancia e a súa etapa escolar en Amherst aos seus anos escribindo nun total illamento recluída na casa dos seus pais. Conta as excentricidades dun personaxe considerado como rebelde e feminista e como durante a súa vida foron publicados só sete dos seus poemas, xa que a súa poesía empezou a acadar sona tras a súa morte en 1886.
O xoves 5 de abril será a quenda de ‘Cartas da guerra’, un drama do director portugués Ivo Ferreira. O filme está baseado na obra homónima de Antonio Lobo Antunes, nas que detalla as cartas que un novo soldado enviaba á súa muller durante os dous anos que estivo en Angola traballando de alférez médico mentres sucedía a Guerra Colonial lusa e nas que se reflicten a dureza vivida polos portugueses neste conflito. Foi nomeada ao León de Ouro na categoría de Mellor Película.
O ciclo rematará o xoves 3 de maio coa proxección do filme ‘Paterson’, unha película dramática escrita e dirixida por Jim Jarmusch e producida entre Estados Unidos, Francia e Bélxica. A cinta conta sete días na vida dun condutor de autobús e poeta afeccionado, cunha vida simple e rutineira, e da súa moza, Laura, cunha vida sempre cambiante, con novos proxectos e soños. A película contempla silenciosamente os triunfos e derrotas das súas vidas cotiás, recreándose na poesía que xurde nos detalles máis pequenos.
https://www.youtube.com/watch?v=ejAphTscY6U
Una ruta nocturna por las calles del conjunto histórico de Tui llega con misterio, sorpresas y muchos sustos
Los vecinos de Vigo se han encontrado estos días con una propuesta de ocio que amenaza con brillar más que las luces. de Navidad ¡Es esta!
Una exposición de calacús, túnel del terror para todas las edades y música para celebrar un terrorífico Samaín en Porriño
Llega el tiempo de comer cocido y A Cañiza ya pone fecha para disfrutar de este plato típico de la gastronomía gallega en estos ocho locales
La UVigo abre este sábado su programa de rutas culturales con una andaina por algunas de las playas más importantes del norte de Portugal
No Events
Puedes encontrarnos en nuestras redes sociales o, si lo prefieres, ponerte en contacto con nosotros a través de contacto@metropolitano.gal
Saber todo lo que ocurre en Vigo y su área metropolitana es ahora más sencillo, rápido y directo gracias al nuevo servicio de alertas de WhatsApp de Metropolitano.gal
© Hansei Media SL