A Deputación de Pontevedra vai levar este ano o Apalpador, a tradicional figura propia do Nadal galego, a todos os concellos da provincia que o solicitaron, un total de 45. Así o decidiu a deputada responsable de Lingua, María Ortega, ante o grande interese amosado polos gobernos locais unha vez pechado o pasado sábado o prazo de solicitude.
A nacionalista explica que inicialmente estaba previsto conceder 30 actuacións, sen embargo esa cifra cubriuse de maneira case inminente coa apertura do prazo, polo que se tomou a decisión de facer un esforzo económico e chegar a todas as vilas interesadas. O cambio fai que este ano se dupliquen as actuacións realizadas en 2020, cando houbera que limitar as visitas por motivo das restricións da Covid19 e se cambiara o formato dunha posta en escena estática en lugares concretos a desfiles para non fomentar aglomeracións de persoas.
Segundo apunta Ortega, este ano manteranse de maneira estrita todas as medidas de prevención ante a pandemia, pero intentarase que a actividade ao abeiro do programa ‘Nadal en galego’ do departamento de Lingua se multiplique para levar a ledicia ás nenas e nenos da provincia logo dun tempo de moita contención festiva.
O persoal técnico da Deputación está agora cadrando as visitas para que o Apalpador, xunto ao seu compañeiro acordeonista, Servando Barreiro, e o seu burro Río Lor, poida achegarse a varios concellos próximos xeograficamente na mesma xornada. A previsión é que se celebren dúas actuacións en horario de mañá e dúas en horario de tarde cada día entre o 20 de decembro e o 4 de xaneiro. As datas de cada localidade comunicaranse en breve.
O programa ‘Nadal en Galego’ foi deseñado tamén para fomentar o coñecemento da tradición de Nadal propia da Galiza e para que as e os máis novos poidan familiarizarse co mítica figura galega e coñecer a súa historia. Na orixe, 'O Apalpador' representábase como un carboeiro de barba vermella que baixaba das montañas ás vilas a noite do 24 ou o 31 de decembro para tocar o bandullo das crianzas e comprobar se comeran suficiente durante o ano, deixando ao seu carón agasallos e castañas e desexos de ledicia e comida.
Están concedidas as actuacións a: Marín, Bueu, Cangas e Moaña en O Morrazo; O Grove, Cambados, A Illa, Vilagarcía, Meis, Meaño, e Sanxenxo en O Salnés; Pontecesures, Portas, Cuntis, Catoira, e Valga na comarca de Caldas; Dozón, Agolada, A Estrada, Forcarei, Silleda e Vila de Cruces no Deza-Tabeirós; Salceda de Caselas, O Porriño, Pazos de Borbén, e Fornelos de Montes na área de Vigo; Poio, Barro, A Lama, Campolameiro, Cerdedo-Cotobade na comarca de Pontevedra; Oia, Gondomar, Nigrán e Baiona en O Val Miñor; A Cañiza, Covelo, Salvaterra de Miño, As Neves, Ponteareas, Mondariz , Mondariz- Balneario no Condado-Paradanta; e A Guarda, Tomiño, e Tui en O Baixo Miño.
La cita se desarrollará a lo largo de 50 metros para el caso de los más pequeños y 2,3 kilómetros para las categorías superiores
Habrá una recreación a tamaño real de la casa de Los Pitufos así como múltiples actividades para los más pequeños de la casa
"Una casa con encanto, el musical" se convierte en el segundo espectáculo infantil confirmado para este verano en el auditorio de Castrelos
El primer espectáculo infantil del Vigo en Festas 2024 en Castrelos lo protagonizará todo un fenómeno entre los más pequeños
La UVigo abre este sábado su programa de rutas culturales con una andaina por algunas de las playas más importantes del norte de Portugal
No Events
Puedes encontrarnos en nuestras redes sociales o, si lo prefieres, ponerte en contacto con nosotros a través de contacto@metropolitano.gal
Saber todo lo que ocurre en Vigo y su área metropolitana es ahora más sencillo, rápido y directo gracias al nuevo servicio de alertas de WhatsApp de Metropolitano.gal
© Hansei Media SL