A alcaldesa de Redondela, Digna Rivas e a concelleira de Igualdade, Iria Lamas, presentaron onte nas instalacións do IES Mendiño, o programa que se desenvolverá con motivo do 25N, Día Internacional da Eliminación da Violencia contra a muller e que, baixo o lema xenérico 'Non deixes que te enREDen' busca poñer o foco de atención na violencia sexual, control, chantaxe ou violencia psicolóxica que se poden dar nas parellas de adolescentes a través das redes sociais.
Con ese fin, non cinguir a loita para erradicar a violencia contra as mulleres –sexa esta do tipo que sexa– a un só día, o programa inclúe unha serie de charlas nos IES do municipio que permitan ao alumnado afondar e interiorizar o concepto de igualdade. A actividade que se desenvolverá baixo os lemas #DesenRÉDate #daviolenciasexual, terán lugar do 23 ao 25 de novembro ás 18 horas.
Para que as iniciativas teñan unha maior difusión, do 23 ao 25 de novembro, realizarase unha campaña de sensibilización contra a violencia machista en Radio Redondela. Do 23 de novembro ao 15 de decembro, a Alameda Castelao de Redondela, a Alameda Rosalía de Castro de Chapela e os IES do municipio e os centros culturais das parroquias, terán a oportunidade de exhibir a exposición itinerante "Non deixes que te enREDen" (en colaboración cos IES Mendiño e Illa de San Simón) e a mostra Violencia machista no refraneiro galego, en colaboración esta mostra cos Centros de Día de Redondela.
O 23 de novembro, no multiúsos da Xunqueira ás 18 horas, terá lugar a charla coloquio #TIÉSCAPAZ, dentro da campaña de sensibilización e prevención da violencia de xénero. A actividade está dirixida á poboación de mulleres con diversidade. O 24 de novembro, e tamén no multiúsos da Xunqueira ás 18 horas, impartirase unha charla informativa sobre agresións sexuais e violencia sexual. O día 25 de novembro, Día Internacional da Eliminación da Violencia contra a muller, ás 12 horas e na Casa da Torre, terá lugar a lectura do manifesto institucional para, deseguido, ás 12:30 horas desenvolverse a performance Iceberg dirixido por Yara Jucal.
Xa pola tarde, e de cara a inculcar nos máis cativos e cativas o concepto de igualdade, a Biblioteca Municipal de Redondela será escenario da actividade Peúgo, o calcetín melenudo unha actividade que combina os contacontos e os obradoiros. A actividade está dirixida aos nenos e nenas de 6 a 9 anos e é totalmente de balde aínda que, sendo as prazas limitadas, será precisa a inscrición previa nas bibliotecas.
O 26 de novembro, ás 20 horas, terá lugar a Gala de entrega de premios do Certamen de Xornalismo Ético 'Sesé Mateo', convocado polo Concello de Redondela. Finalmente, o 26 de novembro, a biblioteca Xela Arias de Chapela acollerá o contacontos e obradoiro Peúgo, o calcetín melenudo ás 18:30 horas.
Digna Rivas, na presentación das actividades, sinalou aos mozos e mozas a necesidade de afondar na igualdade e rexeitar as actitudes sexistas e machistas “como único xeito de acadar unha sociedade realmente xusta e, sobre todo, decente”. A rexedora fixo especial fincapé no feito que na campaña “se implicasen totalmente os centros escolares e os centros de día, dando forma á transversalidade que sempre propugnou este concello”. O feito de presentar a campaña nun instituto, sinalou a alcaldesa de Redondela, busca poñer o foco de atención sobre “a importancia da educación entre a poboación máis nova como ferramenta de concienciación cara a igualdade como xeito máis efectivo de previr condutas violentas, sexan físicas ou psicolóxicas”.
Una ruta nocturna por las calles del conjunto histórico de Tui llega con misterio, sorpresas y muchos sustos
Los vecinos de Vigo se han encontrado estos días con una propuesta de ocio que amenaza con brillar más que las luces. de Navidad ¡Es esta!
Una exposición de calacús, túnel del terror para todas las edades y música para celebrar un terrorífico Samaín en Porriño
Llega el tiempo de comer cocido y A Cañiza ya pone fecha para disfrutar de este plato típico de la gastronomía gallega en estos ocho locales
La UVigo abre este sábado su programa de rutas culturales con una andaina por algunas de las playas más importantes del norte de Portugal
Puedes encontrarnos en nuestras redes sociales o, si lo prefieres, ponerte en contacto con nosotros a través de contacto@metropolitano.gal
Saber todo lo que ocurre en Vigo y su área metropolitana es ahora más sencillo, rápido y directo gracias al nuevo servicio de alertas de WhatsApp de Metropolitano.gal
© Hansei Media SL