Despois do gran éxito co que contaron as xiras de Somos Criminais en 2019, até agora considerado o espectáculo que máis entradas vendeu na historia de Galicia con máis de 50.000 entre as dúas xiras, os actores Xosé A. Touriñán e Carlos Blanco están "de volta... e media" e regresan, nos vindeiros meses, aos teatros galegos directamente con Somos Criminais 3 porque "as segundas partes nunca foron boas".
Neste novo espectáculo, dirixido por Tito Asorey cos textos de José L. Prieto, Carlos Blanco e Xosé Touriñán, os actores e expertos da risa coñecidos pola súa aparición na serie Fariña plantéxanse moitas preguntas sobre Galicia e os seus habitantes. "Somos criminais no sentido menos criminal da palabra? Temos unha maneira propia de ser e de estar? Somos diferentes, somos parecidos ou somos iguais aos demais? Son certos os tópicos que hai sobre nós? É verdade que respondemos ás preguntas con preguntas? Non se sabe se subimos ou se baixamos?" Entre gargallada e gargallada, todas estas preguntas terán unha resposta en Somos Criminais 3 a través dunha profunda análise que farán os cómicos dos galegos e de como somos.
A estrea do monólogo será o próximo 4 de decembro na Illa de Arousa e durante os meses de decembro de 2021 e xaneiro e febreiro de 2022 a xira percorrerá 12 localidades galegas como A Coruña, Ourense, Santiago de Compostela, Ferrol ou Pontevedra, entre moitas outras. A cidade olívica acollerá Somos Criminais 3 os días 7 e 8 de xaneiro no Teatro Afundación de Vigo con catro actuacións, ás 20:00 e ás 23:00 horas os dous días. Xosé Touriñán e Carlos Blanco tamén terán unha cita no Auditorio Municipal de Cangas ás mesmas horas o día 12 de febreiro de 2022.
As entradas xa están á venda na páxina web de Somos Criminais.
Una ruta nocturna por las calles del conjunto histórico de Tui llega con misterio, sorpresas y muchos sustos
Los vecinos de Vigo se han encontrado estos días con una propuesta de ocio que amenaza con brillar más que las luces. de Navidad ¡Es esta!
Una exposición de calacús, túnel del terror para todas las edades y música para celebrar un terrorífico Samaín en Porriño
Llega el tiempo de comer cocido y A Cañiza ya pone fecha para disfrutar de este plato típico de la gastronomía gallega en estos ocho locales
La UVigo abre este sábado su programa de rutas culturales con una andaina por algunas de las playas más importantes del norte de Portugal
No Events
Puedes encontrarnos en nuestras redes sociales o, si lo prefieres, ponerte en contacto con nosotros a través de contacto@metropolitano.gal
Saber todo lo que ocurre en Vigo y su área metropolitana es ahora más sencillo, rápido y directo gracias al nuevo servicio de alertas de WhatsApp de Metropolitano.gal
© Hansei Media SL