O Bloque Nacionalista Galego criticou o rexeitamento das súas propostas para os premios Vigueses/as Distinguidos/as 2021 por parte do PSOE durante o Pleno municipal extraordinario que se celebrou este xoves. A fronte nacionalista denunciou a falta de pluralidade e a “deriva autoritaria e sectaria” do actual Goberno municipal que “insiste en devaluar as máximas distincións da cidade”.
O concelleiro do BNG de Vigo, Xabier P. Igrexas, formulou emenda para que as dúas propostas realizadas polas nacionalistas, e que se excluíran dos nomeamentos, foran sometidas a votación no Pleno. A proposta da fronte nacionalista non foi sometida á votación ao considerar o secretario do Pleno que non correspondía. O BNG vigués, sen embargo, denuncia que a Corporación non quixera nomear con esta distinción o Centro Veciñal e Cultural (CVC) de Valadares e o presidente da Federación Galega de Asociacións de Familiares e Usuarias de Residencias de Maiores (REDE), Paulino Campos.
“Por segundo ano consecutivo, o goberno de Abel Caballero decide excluír de maneira sectaria e sen xustificación as propostas que traslada o BNG”, subliñou Igrexas, que afeou que se “rompan de maneira reiterada os máis mínimos consensos que até o momento rexiron este tipo de nomeamentos”. O portavoz municipal do BNG en Vigo coincidiu coas propostas feitas polo resto de forzas polo que non emitiu voto contrario, mais insistiu en que estes premios deben “atender a pluralidade da cidade, un termo ao que sabemos lle é alérxico o alcalde”.
Igrexas puxo en valor os méritos das dúas propostas realizadas pola fronte nacionalista. Do CVC de Valadares salientou que a entidade cumpre 50 anos de actividade este 2021 como un referente no movemento veciñal, como un “verdadeiro motor de participación social, dinamizador no ámbito cultural, deportivo, e un creador de vida e de cidade na súa parroquia”.
Do presidente de REDE destacou que o compromiso deste colectivo que viviu na “verdadeira zona cero da pandemia, que sufriu unha inmensa dor pola xestión desta”. De Paulino Campos resaltou o seu traballo de denuncia, acompañamento e dignificación para “avanzarmos cara unha política pública de coidados que permita acceder a unha vellez digna”. O BNG si se sumou ao acordo unánime para a concesión da medalla da cidade ao persoal do servizos esenciais durante a pandemia e a atleta paraolímpica Susana Rodríguez.
Los operarios apuran la instalación de los elementos que forman el idílico mercado la Navidad de Vigo, el Cíes Market
Ningún secreto se guarda mejor en Vigo que la fecha del encendido de las luces de Navidad. ¿Cuándo será?
Caballero anuncia que ya comenzó la tramitación urbanística de un ámbito que incluirá zonas verdes y una plaza pública
¿Tienes un negocio en Vigo y te apasiona la Navidad? Puedes participar en este concurso para sorprender a tus clientes y llevarte un gran premio
La UVigo abre este sábado su programa de rutas culturales con una andaina por algunas de las playas más importantes del norte de Portugal
No Events
Puedes encontrarnos en nuestras redes sociales o, si lo prefieres, ponerte en contacto con nosotros a través de contacto@metropolitano.gal
Saber todo lo que ocurre en Vigo y su área metropolitana es ahora más sencillo, rápido y directo gracias al nuevo servicio de alertas de WhatsApp de Metropolitano.gal
© Hansei Media SL