O Bloque Nacionalista Galego denunciou este sábado outro novo recorte no proxecto para o centro de saúde no barrio vigués de Bouzas. A deputada no Parlamento galego, Alexandra Fernández, advertiu de que a Xunta pretende abrir esta instalación sanitaria, demandada pola veciñanza desde hai máis dunha década, cunha única consulta médica e só tres profesionais, un médico/a, un enfermeiro/a e un administrativo/a.
“O PP leva 12 anos desmantelando peza a peza o proxecto inicial para este centro de saúde de Bouzas”, criticou Fernández, que recordou como os populares primeiro bloquearon o proxecto durante a etapa do goberno bipartito e logo quedou “nun caixón” desde o ano 2009. A deputada da fronte nacionalista esixiu unha “rectificación inmediata” e anunciou que vai solicitar no Parlamento galego que se recupere a dotación de persoal que estaba prevista.
A fronte nacionalista sinala que esta diminución do cadro de persoal vén a sumarse aos "recortes continuados do proxecto para o centro de saúde", cuxas dimensións foron reducidas nunha cuarta parte durante o proceso. “Eliminaron ademais a atención pediátrica, a unidade de traballo social e agora tamén consultas”, explicou Fernández, que lembrou que desde o BNG xa presentaron iniciativas no Parlamento de Galiza nos pasados meses denunciando estes continuos incumprimentos, mais que todas foron rexeitadas polo PP.
Así, das seis consultas de medicina de familia e enfermería previstas no proxecto inicial, a Xunta anunciou esta mesma semana a súa intención de inaugurar o centro cunha única consulta. “É unha auténtica tomadura de pelo aos veciños e veciñas de Bouzas”, considerou a deputada nacionalista, que amosou o compromiso da fronte para seguir pelexando para “non sexa un centro recortado tamaño bonsai”.
Na mesma liña se expresou o portavoz municipal do BNG en Vigo, Xabier P. Igrexas, que cualificou de insulto tanto para a veciñanza de Bouzas como para o conxunto da cidade este novo recorte. Nun contexto, afondou Igrexas, onde “a atención primaria en Vigo está ao borde do colapso pola falla de medios e todo a pesar da reiterada e masiva esixencia social dun xiro radical nas políticas sanitarias de recortes e de privatizacións”.
“A resposta do PP agora é inaugurar con todos os fastos un pequeno consultorio, onde tiña que haber un grande centro de saúde en Bouzas”, reclamou Igrexas, que manifestou que as actuacións do goberno de Alberto Núñez Feixóo nesta materia “converteron Vigo e a súa área na zona cero da desfeita sanitaria”.
Para o concelleiro nacionalista este anuncio supón “unha demostración máis da política coa que o PP está a intentar botar abaixo a sanidade pública”. Todo malia ter demostrado durante a pandemia, asegurou Igrexas, que “é fundamental, estratéxico, apostarmos por dotar con máis medios, persoal e recursos, unha sanidade pública que protexeu a nosa saúde e que salvou vidas”.
O portavoz municipal da fronte en Vigo sinalou como, ao tempo que se mingúan os recursos para a sanidade pública, desde a Xunta continúan “transferindo millóns e millóns de euros públicos ao grande negocio da sanidade privada, ben sexa a través da concesión do Hospital Álvaro Cunqueiro, a través do concerto singular con Povisa ou a través do recente anuncio para derivar intervencións cirúrxicas á sanidade privada”.
Los operarios apuran la instalación de los elementos que forman el idílico mercado la Navidad de Vigo, el Cíes Market
Ningún secreto se guarda mejor en Vigo que la fecha del encendido de las luces de Navidad. ¿Cuándo será?
Caballero anuncia que ya comenzó la tramitación urbanística de un ámbito que incluirá zonas verdes y una plaza pública
¿Tienes un negocio en Vigo y te apasiona la Navidad? Puedes participar en este concurso para sorprender a tus clientes y llevarte un gran premio
La UVigo abre este sábado su programa de rutas culturales con una andaina por algunas de las playas más importantes del norte de Portugal
No Events
Puedes encontrarnos en nuestras redes sociales o, si lo prefieres, ponerte en contacto con nosotros a través de contacto@metropolitano.gal
Saber todo lo que ocurre en Vigo y su área metropolitana es ahora más sencillo, rápido y directo gracias al nuevo servicio de alertas de WhatsApp de Metropolitano.gal
© Hansei Media SL