Tras a boa acollida da que gozou o curso pasado en Vigo e Pontevedra, o programa de actividades ao aire libre ExploraCampus esténdese este curso á cidade de Ourense. A idea da iniciativa mantense intacta, “o que buscamos é que as diferentes persoas da comunidade universitaria poidan facer deporte e, ao tempo, gozar da natureza na contorna máis inmediata ao seu lugar de traballo”, explica Xabier Rial, director técnico da Área de Benestar, Saúde e Deporte da Universidade de Vigo, quen tamén recalca que, libres xa das fortes restricións sanitarias que estaban vixentes o curso pasado, a previsión é que o programa, adaptado ás características propias de cada un dos campus, vaia incrementando pouco ao pouco o número de adeptos.
Todas as actividades son de balde e o único requisito para participar é inscribirse previamente no Campus Activo, onde xa se pode consultar o programa previsto para o mes de novembro. No caso de Vigo a oferta para este mes inclúe xeocaching e quedadas para correr. O xeocaching será o xoves 4 de 13:00 a 15:00 horas, no propio campus e coa praza Miralles como punto de encontro. “As quedadas running están organizadas pola Sección Deportiva de Carreiras Populares e van ser todos os mércores na contorna do campus”, explica Rial, quen tamén apunta que a idea é dividir os participantes en dous grupos, en función do nivel das persoas inscritas. Ademais dos mércores haberá tamén unha quedada o domingo 14, sempre ás 10.00 horas e coa porta principal do pavillón universitario como punto de encontro.
En Pontevedra as actividades que se ofertan para este mes son orientación e unha andaina. No caso da orientación, a cita será na Illa das Esculturas o martes día 9 de 11:45 a 14:00 horas, mentres que a andaina será o xoves 11 –de 11:00 a 13:00 horas-, partindo da igrexa de Santo Estevo da Canicouva cara aos miradoiros da Fracha.
O campus de Ourense estréase este ano no programa cunha actividade de xeocaching no propio campus, o xoves 4 de 12:00 a 15:00 horas, e unha xornada de xogos populares e magosto na véspera de San Martiño, o 10 de novembro. Será na terraza da cafetería da biblioteca universitaria.
La UVigo abre este sábado su programa de rutas culturales con una andaina por algunas de las playas más importantes del norte de Portugal
No Events
Puedes encontrarnos en nuestras redes sociales o, si lo prefieres, ponerte en contacto con nosotros a través de contacto@metropolitano.gal
Saber todo lo que ocurre en Vigo y su área metropolitana es ahora más sencillo, rápido y directo gracias al nuevo servicio de alertas de WhatsApp de Metropolitano.gal
© Hansei Media SL