Tui será o punto de partida do proxecto de Peregrinaxe a remo que foi presentado o pasado mércores na casa do concello polo alcalde de Tui, Carlos Vázquez Padín, o concelleiro de Deportes, Andrés Urseira, o promotor do proxecto Rodrigo Arbones, o deseñador de barcos en kit, Alec Jordan, xunto a representantes dos clubs de Remo de Tui, Bueu e Cangas.
O alcalde de Tui, Carlos Vázquez Padín, indicou que se trata dun proxecto interesante para Tui por todo o que implica que en Tui se ensamblen os barcos de remo para iniciar o camiño dende a cidade. Salientou amais o dobre interese do proxecto por esta vinculado ao río Miño e ao Camiño de Santiago, dous dos grandes activos da cidade.
O concelleiro de Deportes e Turismo, Andrés Urseira, fixo fincapé no interese turístico deste proxecto co seu carácter diferenciador, e co feito de ter a Tui coma base do mesmo.
Este proxecto do Camiño plantexa a realización do mesmo en cinco etapas a primeira polo río Miño dende Tui até A Guarda, a segunda dende Vigo, pasando por Cangas, Moaña e San Simón, até Pontevedra, a terceira partiría da cidade do Lérez até Bueu. A cuarta irá dende O Grove até Vilagarcía, e a última remataría en Pontecesures.
Rodrigo Arbones, promotor do proxecto que agarda sexa unha realidade este verán, sinalou que o mesmo xurdiu ante o interese que existía en facer o Camiño de Santiago en barcos de remo de forma discontinua polo río Miño e as Rías Baixas. Tras numerosos contactos nos últimos meses conta xa coa implicación dos dous clubs de remo de Tui, o Remo Tui e o Remo do Miño. O seguinte paso sería o ensamblado dos barcos que deseñou Alec Jordan, con capacidade para catro persoas e un temoneiro, proceso que durará aproximadamente 6 semanas. A navegación farase sempre a menos dunha milla da costa para garantir a seguridade dos peregrinos, e previo ao inicio do Camiño terían que facer un par de días de adestramento en Tui. A iniciativa vai dirixida a todos aqueles interesados pero teñen coma principal público obxectivo o chegado dende Inglaterra ou Escocia, aproveitando amais as viaxes ofertadas por distintas liñas áreas no entorno.
Pola súa parte Alec Jordan explicou coma a idea de barcos en kits xurdiu tras o encargo que lle fixo o Museo Naval de Escocia en 2009, e o que a priori parecía unha boa idea, resultou ser unha gran idea, dicía, xa que teñen distribuído máis de 300 barcos por distintos países.
Galicia, que se prepara para disfrutar de una experiencia del mundo de Harry Potter, cuenta con dos tiendas especializadas en el mundo mágico
Una escapada al norte de Portugal realmente cerca de Vigo. Si buscas una excursión diferente, apúntate este curioso alojamiento
Galicia se impone a Gales, Eslovenia o Japón en este premio internacional. Este es el "road trip" que conquista el mundo entero
Si estás buscando escapadas en Galicia, apúntate este pazo que ha sido declarado BIC y ha logrado este año el Travellers' Choice de TripAdvisor
La UVigo abre este sábado su programa de rutas culturales con una andaina por algunas de las playas más importantes del norte de Portugal
No Events
Puedes encontrarnos en nuestras redes sociales o, si lo prefieres, ponerte en contacto con nosotros a través de contacto@metropolitano.gal
Saber todo lo que ocurre en Vigo y su área metropolitana es ahora más sencillo, rápido y directo gracias al nuevo servicio de alertas de WhatsApp de Metropolitano.gal
© Hansei Media SL