A esencia do Festival Sinsal persiste. Sinsalaudio recupera este mes de outubro unha das súas propostas sobranceiras, Sinsal Outono, un ciclo de concertos vinculados á experimentación e á creación contemporánea que se desenvolven en espazos singulares do municipio de Vigo en colaboración co seu Concello.
Logo da experiencia das Microresidencias Verbum a porta pechada o pasado 2020, nas que a organización puxo en relación a artistas de diversas disciplinas, Sinsalaudio propón para este 2021 catro xornadas experienciais con público, nas que recupera o carácter experimental do ciclo tanto na súa programación coma estrutura. Así, Sinsal Outono afondará na aposta polo traballo en común de artistas multidisciplinares, á vez que porá o foco en expresións e manifestacións vinculadas á vangarda menos visibles para o público.
Este retorno á experimentación e á vangarda de Sinsal Outono explicítanse tamén na escolla dos espazos de desenvolvemento do ciclo, xa que a actividade se concentrará en dous recintos vinculados á creación na cidade viguesa: o Museo de Arte Contemporáneo, (MARCO), que acollerá as sesións sonoras e visuais, e o Conservatorio Superior de Música, no que terán lugar os parladoiros.
Así, o domingo 31, entre as 19.30 e as 22.00 horas, unha das salas de exposición do MARCO acollerá as propostas de Multiplensemble e Marta Verde & José Venditti. A primeira das actuacións, baixo o título Plasma, chegará da man de Rafael Yebra no saxofón e do vigués Pedro González no violín e electrónica. O dúo combinará as posibilidades que ofrece a electrónica e videocreación como mostra do panorama que se está a cocer na actualidade musical de nova creación. De seguido, será a quenda de OMEN, a performance de artes visuais ao vivo que ofrecerán Marta Verde e José Venditti. O proxecto parte da idea do presaxio ou augurio (Omen), coa intención de achegar ao público, a través dos límites entre melodía e ruído, a posibilidade de imaxinar outros mundos posibles a través da abstracción sonora e visual.
Xa na noite do día 1, entre as 19.00 e as 21.15 horas, o recoñecido saxofonista luso Henrique Portovedo, especializado en música electroacústica e multimedia, presentará tamén no MARCO un programa para saxofóns, electrónica e video para achegar ao público a unha realidade na que se configuran múltiples horizontes. A continuación, os creadores galegos contemporáneos Juanma LoDo e Acacia Ojea baixo a denominación Dead Line, presentarán Nexø, un proxecto audiovisual resultado dunha investigación conxunta de exploración das marxes da luz e o son. Nexø, que parte do termo ‘nøkke’ (espíritu da auga) e ‘sæ' (mar), é a unión de dous xeitos de escoitar e ver o mundo e que se inspiran nas texturas sonoras e visuais do mar.
Sinsal Outono inclúe tamén dúas conferencias arredor da dimensión electroacústica e multimedia na música de nova creación. Este será o eixo da primeira conferencia, que impartirá Pedro González, na mañá do vernes 29 de outubro, ás 12.00 horas. Xa o martes 2 de novembro, ás 16.00 horas, Henrique Portovedo achegará a súa visión sobre a confluencia da música contemporánea portuguesa coa electrónica no parladoiro Do acústico ao HASGS. Presentación do Hybrid Saxophone of Gestural Symbiosis. As dúas charlas terán lugar no Conservatorio Superior de Música de Vigo e contan coa colaboración do Instituto Camoes.
As entradas para asistir aos concertos dos días 31 de outubro e 1 de novembro xa están a venda na plataforma Enterticket, a través desta ligazón, cun prezo de 12 euros (máis gastos de xestión).
Una ruta nocturna por las calles del conjunto histórico de Tui llega con misterio, sorpresas y muchos sustos
Los vecinos de Vigo se han encontrado estos días con una propuesta de ocio que amenaza con brillar más que las luces. de Navidad ¡Es esta!
Una exposición de calacús, túnel del terror para todas las edades y música para celebrar un terrorífico Samaín en Porriño
Llega el tiempo de comer cocido y A Cañiza ya pone fecha para disfrutar de este plato típico de la gastronomía gallega en estos ocho locales
La UVigo abre este sábado su programa de rutas culturales con una andaina por algunas de las playas más importantes del norte de Portugal
No Events
Puedes encontrarnos en nuestras redes sociales o, si lo prefieres, ponerte en contacto con nosotros a través de contacto@metropolitano.gal
Saber todo lo que ocurre en Vigo y su área metropolitana es ahora más sencillo, rápido y directo gracias al nuevo servicio de alertas de WhatsApp de Metropolitano.gal
© Hansei Media SL